A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participará, mañá 3 de outubro en Madrid, no seminario Ciudades y Ayuntamientos Digitales y Singulares (IV) organizado por Socinfo.
A Concelleira compartirá con outros concellos de España a experiencia no Concello de Lugo como cidade dixital coa súa conferencia: Cómo desenvolver proxectos dixitais.
No encontro participa tamén o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, organismo que puxo en marcha o Programa de Cidades Dixitais no que se encadra o proxecto Lugo Dixital.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basdre, recibiu ós participantes do Curso de Intelixencia Emocional que comezou hoxe na nosa cidade e que continuará ata o próximo xoves día 4 de outubro.
Ás xornadas, organizadas pola Dirección Provincial da Tesorería Xeral da Seguridade Social de Lugo, asisten 23 funcionarios de distintas provincias.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais, que preside Carmen Basadre, celebrou o pasado 1 de outubro un xantar de confraternización, dentro do programa de animación sociocultural, para festexar o Día dos Maiores. Á xuntanza asistiron 1.500 persoas.
A celebración tivo lugar no parque da Milagrosa, e o menú da comida constou de polbo á feira, terneira ó caldeiro, tarta de moca, vino e café.
O programa de actos iniciouse ás dez da mañá con xogos populares. Ás doce do mediodía a actuación de Malvela encheu o Auditorio Gustavo Freire.
El Ayuntamiento de Lugo arranca el sábado una nueva edición del Festival de Música Cidade de Lugo, coincidiendo con la XXXV Semana del Corpus.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo realizará a súa cuarta intervención sobre os efectos negativos do alcohol entre entre as 11 da noite e as 3 da madrugada de mañá sábado 6 de outubro no fondo da praza de España.
A intervención consiste na ubicación dunha mesa informativa no centro, lugar moi transitado durante a festividade local, especialmente entre as mozas e mozos. Os monitores da actividade informarán ós rapaces das repercusións e dos efectos negativos do consumo excesivo de alcohol.
O programa de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo continuará mañá, xoves, coa actuación da Orquestra de Cámara de Pforzheim.
O luns día 15 de outubro remata o prazo para presentarse ó concurso organizado pola Casa da Muller do Concello de Lugo, co fin de elixir o cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero.
Caixanova y el Ayuntamiento de Lugo organizaron en Lugo la representación de la State Opera de Bulgaria con una de las más conocidas óperas de Verdi, “Nabucco”. La cita será el miércoles, 25 de abril, a las 20.30 horas, en el Auditorio Municipal Gustavo Freire.
“Nabucco” es una ópera en cuatro actos con música del compositor Giuseppe Verdi. La obra, que está basada en el Antiguo Testamento y el Nabuchodonosor de Francis Cornue y Anicète Bourgeois, se estrenó en La Scala de Milán en 1842. La acción se desarrolla en dos localizaciones, Jerusalén y Babilonia, en el año 560 A.C.
Consultar programa
Juan José Neira resultou gañador do concurso de deseño gráfico para a elaboración do cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
O título da obra gañadora é Prisioneiras. O cartel foi relizado sobre as fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 20 traballos que entraron a concurso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1812
- 1813
- 1814
- 1815
- 1816
- 1817
- 1818
- 1819
- 1820
- …
- seguinte ›
- última »