O Gabinete de Tráfico do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Ángel González Corredoira, vén de colocar na avenida Breogán uns sinais luminosos de ubicación de pasos de peóns.
Trátase dunha nova medida encamiñada á protección do peón á hora de cruzar esta vía.
O Gabinete de Tráfico do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Ángel González Corredoira, acometerá estes días o proceso de instalación de novas sinais de aluminio na zona monumental e centro histórico da cidade.
Esta medida englóbase dentro do plan de sinalización previsto por esta delegación para substituír os actuais sinais normativos de aceiro galvanizado por outros de aluminio anodinado, lacados en cor negra oxirón.
Mañá, xoves, abrirase novamente ao tráfico a Ronda da Muralla no tramo comprendido entre a Porta de Santiago e a Porta de San Pedro, unha vez practicamente rematadas as obras de reurbanización realizadas pola Xunta de Galicia.
Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, que lembrou que aínda quedan uns poucos flecos por rematar pero que a rúa está preparada para o tráfico rodado.
Os tramos da ronda da Muralla desde a Porta de Santiago a rúa Vilalba e desde a praza da Constitución á porta San Pedro quedaron abertos ó tráfico hoxe, día 24 de maio, as 12.00 horas.
As rúas Cidade de Viveiro e Pascual Veiga e Cedrón del Valle no tramo comprendido entre Xeneral Tella e Cidade de Viveiro retornan ó sentido de circulación que tiñan antes do comezo das obras ( saída cara á porta de Santiago).
As rúas Aviador Pardo Cerezo, a prolongación da rúa Manuel María no tramo comprendido entre a rúa das Fontes e Mar Cantábrico e a Prolongación da rúa do Pomar coa avda.
O Gabinete de Tráfico pón en marcha un novo programa de educación viaria que se estrea no CEIP Illa Verde nas xornadas de hoxe, e mañá, xoves, en horario escolar. Hoxe, mércores, asistirán os alumnos de 1º de 10:30 a 12:00 horas, e de 2º de 12:30 a 14:00 horas; e o grupo de 3º participarán mañá de 12:30 a 14:00 horas. Está previsto que este programa se imparta en outros centros educativos da cidade a partir do vindeiro curso.
A avda. de Garabolos estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre a glorieta da ronda Norte coa avda. da Coruña e a rúa Alcalde Manuel Portela, os días 9 e 10 de xuño (Sábado e Domingo) debido ás obras de renovación do pavimento.
O tráfico procedente da ronda Norte con dirección a N-VI cara a Madrid terá que desviarse pola avda. da Coruña ata a glorieta do CEAO.
Os vehículos que entren polo acceso da N-VI cara avda de Garabolos desviaranse pola rúa Manuel Portela ou ben continuaran ata o CEAO para retomar avda. Duquesa de Lugo e ronda Norte.
A rúa San Pedro estará cortada ó tráfico rodado e peonil no tramo comprendido entre as rúa Nóreas e Progreso debido á instalación dun camión bomba para as obras de formigonado do inmoble nº19. O corte farase efectivo entre as 8.00 e as 10.00 horas.
O Domingo día, 17 de xuño estará cortada ó tráfico a avda. da Coruña no tramo comprendido entre as rúa Montefaro e Manuel María debido á desmontaxe de dous guindastres de obra instalados nos nº 273- 275 e 290 – 292.
La empresa Sacyr, tiene previsto para el día 20 del actual, los preparativos para efectuar el corte de tráfico de la avenida de los Deportes, a la altura de la gasolinera, punto próximo a la glorieta, con el fin de efectuar obras de saneamiento, cuya duración aproximada de los trabajos se estima en mes y medio.
De esta manera y para facilitar las labores descritas, los desvíos del tráfico quedan establecidos de la siguiente manera:
A) La avenida de los Deportes solamente será utilizada para acceder a la gasolinera, cuyos usuarios volverán a salir por ese mismo itinerario, en sent
A praza de Santo Domingo fronte ó mercado de abastos estará cortada ó tráfico por mor da instalación dun guindastre para realizar traballos na cuberta do edificio da residencia de estudiantes de María Inmaculada.
A circulación de vehículos estará cortada na rúa Quiroga Ballesteros cruce coa rúa Bolaño Rivadeneira.
O corte será efectivo, entre as 14.30 e as 19.30 horas, permitindo o acceso de residentes.
O Concello resultou galardoado co Premio Proxectos de Promoción Exterior na 9ª edición da Convocatoria Anual de Premios da Fundación CEL. A cerimonia de entrega ten lugar esta noite, ás 21:00 horas, durante unha cea de gala no Gran Hotel e o Alcalde, José López Orozco, recollerao en representación de todos os lucenses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1782
- 1783
- 1784
- 1785
- 1786
- 1787
- 1788
- 1789
- 1790
- …
- seguinte ›
- última »