A Concellería de Medio Ambiente lembra ós cidadáns que o próximo mércores pola noite, día 3 de novembro, non haberá servizo de recollida de limpeza. Como tódolos anos por estas datas, os operarios de Urbaser celebran a súa festividade, San Martín de Porres. Por este motivo, a Concellería fai un chamamento á poboación para que colaboren no posible, evitando encher os colectores de lixo. O xoves quedará reestablecido o servizo.
A Concellería de Medio Ambiente aborda o seguinte paso da súa campaña informativa sobre a recollida selectiva de residuos sólidos urbanos que iniciou a finais do ano pasado.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 2 de novembro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Esquiu
Rúa Cova da Serpe
Rúa Pintor Pacios
Rúa Trapero Pardo
Rúa Serra Gañidoira
Rúa da Erba
Rúa Orquidea
Rúa Tino Prados
Rúa Xoan Carballal
Rúa Monte Pena Rubia
Rúa Serra de Outes
Rúa Concello
Rúa Río Lor
Rúa Río Ulla
Rúa Doutor Ochoa
Rúa Sabugo
Rúa Bidueiro
Rúa Ameneiro
Rúa Pomar
Rúa da Pomba
Repasar rúa Marqués de Ombreiro
Representantes de Solidariedade Internacional ofreceron hoxe ante os medios de comunicación un resumo das actuacións que se están levando a cabo no municipio indíxena hondureño de Basalte, a cargo do Fondo Galego de Cooperación.
María Paz, de Solidariedade Internacional de Galicia, e Juan Alberto Castillo, representante da mesma organización en Honduras, acompañados de Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Benestar Social presentaron o plan de Mejora Integral de las Condiciones de vida en las comunidades del municipio de Balsate, que se está desenvolver en esta zona.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, manterá esta tarde, a partir das cinco, unha reunión cos comerciantes da praza e o mercado de Abastos para dar conta das obras que se están a realizar nestas instalacións cos cartos obtidos dunha subvención da Consellería de Industria de 177.000 euros para os próximos dous anos.
A praza será motivo dunha ampla reforma con motivo destas obras en cada un dos locais. Así, na zona de mercado arranxaranse as deficiencias que quedaron pendentes da anterior rehabilitación.
Por cada compra efectuada na Praza de Abastos ata esta tarde, os clientes reciben papeletas para participar no sorteo. O gañador será aquel que posúa a papeleta co número que coincida coas catro últimas cifras do 1º premio do sorteo do Neno da Lotería Nacional.
O afortunado deberá personarse na mañá do día 7 de xaneiro na Praza.
Como todos anos pola festividade do día de Todos os Santos celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións do Mercado Municipal de Abastos.
Por outra banda, dende mañá e ata o día 2 de novembro amplíase o horario habitual do cemiterio municipal que permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata as 19:00 horas para facilitarlle ós lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas.
O Concello de Lugo e o operador galego de comunicacións por fibra óptica R iniciaron hoxe as súas actividades didácticas, xogos e entretemento nunha orixinal cúpula inchable situada na Praza de Santa María. O obxectivo é achegar a Sociedade da Información a persoas de todas as idades. Desde este xoves e ata o domingo, os lucenses poderán coñecer a cúpula, que permanecerá aberta ó público de 11,00 a 14,00 h e de 17,30 h a 22,00 h.
O operador galego de comunicacións por fibra óptica, escolleu ó Concello de Lugo para continuar coa súa acción de cúpulas inchables que albergan actividades didácticas, xogos e entretemento co obxectivo de lles achegar a Sociedade da Información a persoas de todas as idades. Esta mañá a concelleira de Participación Cidadá de Lugo, Luisa Zarzuela, e Malú Bergantiños, responsable de Comunicación Externa de R, presentáronlles a acción das cúpulas ós medios de comunicación na Casa do Concello da cidade.
Representantes do Azkar Lugo e a Concelleira de Participación Cidadá, Luisa Zarzuela, presentaron o II Campus de Fútbol Sala "Azkar Lugo FS", que comezará o vindeiro 5 de setembro e rematará o día 10. Está dirixido a nenos nacidos entre os anos 1993 e 1998 (ambos incluídos).
O Campus, como na anterior edición, terá lugar no Centro Deportivo Terra e na Área Recreativa desta entidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- 1784
- 1785
- 1786
- 1787
- …
- seguinte ›
- última »