O Concelleiro de Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, deu a coñecer a adxudicación que a Consellería de Medio Ambiente fixo recentemente para o saneamento dos núcleos rurales do Concello de Lugo. Estes proxectos foran remitidos á Consellería fai varios meses como consecuencia dun convenio firmado entre ambas institucións para levar a cabo o saneamento das parroquias que integran da zona rural.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 16 de novembro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Dona Urraca
Rúa López Guntín
Rúa dos gardas
Rúa Lamas de Prado
Rúa Río Navia
Ronda Valle-Inclán
Rúa do Prado
Rúa Río Ser
Rúa da Unidade
Praza de Alicante
Rúa Río Mera
Rúa Camiño Real
Rúa Tui
Rúa Ourense
Rúa Mondoñedo
Rúa Betanzos
Rúa Pontevedra
Rúa G Castro Gil
Rúa García Abad
Rúa do Olvido
Rúa Concepción Arenal
Rúa da Xesta
Tramo Ronda desde Porta Rúa Nova a Bispo Odoario
Repaso: Rúa Xosé Novo Freire; e
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa.
Lugo terá unha planta innovadora e pioneira en Galicia para a reciclaxe e tratamento de residuos de derrubamentos e da construción e máis un vertedoiro para este tipo de materiais non perigosos. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación de Empresarios da Construción (APEC), Hipólito Trinidad Losada, asinaron esta mañá un convenio de colaboración con este fin. A nova planta permitirá a recuperación do 90% dos materiais a través de tecnoloxía punteira.
Un 73,62% dos lucenses que contestaron na enquisa semanal da páxina web www.lugo.es reutiliza as bolsas dos supermercados para botar o lixo ós contedores, costume que recomenda evitar a campaña publicitaria Lugo limpo gústame máis porque estas bolsas non están preparadas para esta función e rompen con facilidade. Segundo explica a Concellería de Medio Ambiente, ó romper prodúcense verquidos á calzada e nos contedores que contaminan o ambiente e perxudican a nosa vida cotiá.
Un 39,33% dos lucenses que contestaron na enquisa semanal da páxina web www.lugo.es asegura que realiza a separación total do lixo, utilizando os colectores clasificados tal e como está diferenciado hoxe en día na cidade: orgánico, envases, vidro, papel e pilas. Pola contra, o 36,49% afirma non separar ningún tipo de lixo. Os resultados, totalmente polarizados, reflicten que existen na práctica dous tipos de cidadáns.
O Concello de Lugo está estudando a posibilidade de habilitar lugares específicos nas novas urbanizacións para ubicar os colectores soterrados. A intención do equipo de goberno é construír este tipo de colectores para dar servizo ás novas urbanizacións, evitando que ocupen espazo innecesario nas vías públicas e provoquen olores.
A xornada técnica sobre A Xestión dos Residuos Urbanos, organizada pola concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar hoxe no salón de actos da facultade de Humanidades de Lugo. Esta xornada ten como obxectivo ofrecer información técnica especializada sobre a xestión dos residuos urbanos e, en especial, sobre a recollida selectiva dos envases.
Continúa aberto o prazo de inscrición na xornada técnica A Xestión dos Residuos Urbanos, organizada pola concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Ata o de agora xa se cubriron case a metade das prazas, pero manterase aberta a inscrición ata o día do congreso.
A Concellería de Medio Ambiente quere asumir antes do mes de xuño a recollida de envases en toda a cidade, é dicir, asumir todo o contido dos colectores amarelos que actualmente dependen da Xunta de Galicia. Así o anunciou o responsable deste departamento, Lino González-Dopeso, na presentación dunha xornada sobre a Xestión de Residuos Urbanos que ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1778
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- 1784
- 1785
- 1786
- …
- seguinte ›
- última »