O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Xoán Xosé Molina, o Director de Zona de Caixanova, Jesús Vidal, e o Secretario Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, a carpa Ruando.
O edil explicou que esta actividade ofrecerá aos lucenses a posibilidade de gozar dun espazo de multilecer de 600 metros cadrados que albergan actividades gratuítas para todos os públicos.
O Concelleiro de Protección á Comunidade, José Rábade, presidiu o acto de presentación do libro “Los colores de la memoria” do escritor Luis Rodríguez Cao. A violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Luccica Trita, acompañounos co seu violín e tocou varias pezas musicais de carácter melancólico dacordo coa temática da obra.
O edil destacou a extraordinaria calidade literaria desta obra “pola emoción que é capaz de desencadear, levando ao lector polos máis fondos sentimentos da tristura, a soidade, a melancolía e o desexo que desata o desamor”.
A Concellería de Servizos Xerais organiza dúas charlas sobre a relación do ser humano coa morte
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou as novas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Lugo no cemiterio municipal.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou que con motivo do VII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade actuará na cidade a cantante María Dolores Pradera. O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o venres 30 de novembro ás 21:00 horas.
A Concelleira expresou a súa ledicia por “contar nesta data tan especial para a cidade cunha estrela deste calibre”. Esta gran dama da música e do teatro español conta con máis de 40 discos e aproximadamente 500 cancións.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Delegado Provincial de Innovacion e Industria, Ramón Cortés, en representación da Dirección Xeral de Turismo de Galicia e José Francisco Real, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, mantiveron a primeira das xuntanzas para a creación dunha Sociedade Mixta de Turismo e Cultura de Lugo.
Nesta xuntanza o Goberno Local expuxo o borrador dos estatutos para a creación desta sociedade que se encargue da promoción na cidade do turismo en calquera época do ano.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco recibiu na Casa do Concello ó Secretario Xeral de Emprego da República Arxentina, Enrique Deibe, na súa primeira visita oficial á cidade. Foi recibido polo Alcalde e outras autoridades locais e asinou no libro de honra do Concello.
Ademais o Alcalde agasallou ó responsable arxentino cunha representación da muralla feita por Sargadelos e cun pin de plata da mosquera.
O programa Xoves con Arte deseñado pola Concellería de Xuventude coa finalidade de promover actividades de ocio relacionadas coa cultura, a arte e o humor entre a mocidade lucense continúa o vindeiro día 1 de marzo coa representación dun musical.
A segunda edición de Xoves con Arte, que comezou o pasado 1 de febreiro cun espectáculo de monólogos, achega nesta cita a obra titulada “Te quiero, eres perfecto…¡Ya te cambiaré!”. Este musical é un clásico de Broadway e vén de triunfar na capital española.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou esta mañá a segunda edición do programa “Radares Xuvenís” que confirma a continuidade deste proxecto iniciado o pasado ano como experiencia piloto en tres institutos da cidade.
A edil salientou que este ano conseguiu amplialo a sete centros educativos. Os institutos adscritos ao programa son os I.E.S Leiras Pulpeiro, Politécnico, Ánxel Fole, Lucus Augusti, Xoán Montes, Piringalla e Nosa Señora dos Ollos Grandes.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou unha nova edición do Certame Lucus Augusti que se convoca por quinto ano consecutivo. Creouse coa intención de dar unha oportunidade aos xoves creadores para amosar o seu arte e servir de trampolín profesional.
Este ano a principal novidade e o aumento do orzamento ata 3.000 euros destinados aos premios. Este é un estímulo para que os mozos poñan en práctica o seu talento. Como nas edicións anteriores, o certame establece catro modalidades de participación: poesía, fotografía, pintura e relatos curtos.
Os técnicos municipais avaliarán cada unha das propostas para a súa adxudicación
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, informou este luns, día 19 de novembro, que o pasado venres celebrouse unha mesa de contratación na que se abriron as plicas de cada unha das empresas que se presentaron para o proxecto de licitación das obras de urbanización perimetral da parcela do novo hospital.
Un total de 18 empresas construtoras presentaron propostas para este proxecto que comprende a construción dos seus viais perimetrais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- …
- seguinte ›
- última »