A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou un balance do Servizo de Información ao Cidadán 010 que empezou a funcionar o 17 de marzo de 2005.
Luisa Zarzuela destacou que durante o ano 2007 as técnicas do Servizo 010 resolveron un total de 29.308 consultas o que supón unha mostra da eficacia deste servizo, que en menos de tres anos de funcionamento incrementou en máis do doble as consultas rexistradas.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou unha nova guía editada polo Concello de Lugo titulada “Maiores consumidores” que vai dirixida a ofrecer ás persoas maiores información práctica sobre os dereitos dos consumidores.
A edil explicou que “a Oficina Municipal de Información ao Consumidor deseñou este manual para achegar aos maiores información útil, clara e eficaz sobre os dereitos dos conusmidores e proporcionarlles ademais, unha serie de consellos para efectuar compras e contratos de servizos con todas as garantías”.
A guía aborda temas de gran interese par
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 26 de febreiro
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou as II Xornadas de Prevención de Drogodependencia que este ano levan o título de “A prevención en contextos educativos” e terán lugar os días 29 de febreiro e o 1, 7, 8, 14 e 15 de marzo no Salón de Actos da Escola de Formación do Profesorado de Lugo.
Estas xornadas serven de foro para o intercambio de experiencias e para establecer redes de comunicación e interacción entre os distintos profesionais implicados no traballo de prevención
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que porá en marcha o Concello de Lugo a partir do 14 de febreiro que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos.
O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega a cidade o ciclo Teatro Galego en Lugo. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de catro pezas galegas os días 13 e 26 de febreiro e o 12 e 25 de marzo.
A primeira das obras en chegar á cidade será Te has perdido el mar (versión en galego) da man de teatro Ensalle. É unha peza que trata sobre a condición do actor. Para ello presenta a tres intérpretes en distintos momentos profesionais, etapas que van da ilusión dos comezos ós altibaixos entre o medo e o éxito.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro presentou a VII edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo destinado a todos os escolares e a estudantes de secundaria e bacharelato de toda Galicia.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou a segunda charla do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal.
O investimento aproxímase aos 400.000 euros e inclúe obras nas rúas e a instalación de semáforos sonoros
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o Director de Accesibilidade da Fundación ONCE, Jesús Hernández Galán, a Presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia, Mª Dolores Venancio, e o Director Provincial da ONCE en Lugo, Juan Leiros, visitaron parte da segunda fase das obras de accesibilidade levadas a cabo na cidade de Lugo.
O Alcalde, os responsables da ONCE e doutras asociacións da cidade, co
O Ministerio de Defensa realizará en Lugo unha campaña informativa destinada a achegar á mocidade lucense as Forzas Armadas e presentarlles as distintas modalidades de acceso á carreira militar, especialmente dentro do Exército de Terra.
Para elo, unha furgoneta do exército percorrerá os días 8, 11, 12 e 13 de febreiro distintos puntos da cidade para repartir información e atender as solicitudes de todos os interesados.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance da última edición da Mostra de Teatro Clásico organizada pola súa Concellería e Caixanova.
Burgo explicou que “a cita teatral está xa consolidada en Lugo e tamén está consolidándose en Galicia e no Noroeste de España e cada vez é máis coñecida”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1736
- 1737
- 1738
- 1739
- 1740
- 1741
- 1742
- 1743
- 1744
- …
- seguinte ›
- última »