O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello, a un grupo de 50 estudantes da Escola de Arte de Baeza que están de visita na cidade.
O mandatario municipal deulles a benvida e animoulles a disfrutar de todos os atractivos que ten a cidade de Lugo: a Muralla Romana, a Catedral, os museos, a gastronomía…”pero, sobretodo, dos lucenses”.
Como recordo do municipio, o Alcalde entregou ós rapaces un pin da muralla e material turístico da cidade. Ademáis agasallou aos mestres que acompañan aos mozos e mozas con dous libros sobre a historia da cidade.
Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, para coñecer os hábitos de lucenses para moverse pola cidade, sinalan que o 50,44% dos participantes (con 227 votos) empregan como medio de transporte habitual para moverse pola cidade o seu coche particular.
Entre o 3 e o 7 de marzo visitará o Centro Social Municipal Díaz de Castro
O Concello de Lugo pon en marcha a segunda edición de Conéctate en Lugo 2.0 a campaña de familiarización coas novas tecnoloxías organizada pola Concellería de Servizos Xerais. Os interesados poderán participar nunha serie de actividades itinerantes que percorrerán oito centros municipais da cidade co fin de aproximar a todos os barrios da cidade o funcionamento dun ordenador e internet.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo, o Delegado Provincial de Sanidade, D.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, levará a cabo o III Curso de Monitores dende a Prevención: o Mediador Xuvenil en Educación para a Saúde; a prevención das drogodependencias, os venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas, entre o 28 de marzo e o 19 de abril, no Centro Social Uxío Novoneyra.
Esta actividade trata de centrar ó mediador na perspectiva de axente social comunitario en educación da saúde e,sobretodo, na prevención de drogodependencias.
A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España no que decenas de entusiastas grupos de mozas e mozos darán vida aos héroes clásicos.
Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas e organizado por Prosopón teatro, o Concello de Lugo contará con oito actuacións teatrais, dúas máis que na pasada edición, e que se desenvolverán dende o luns día 3 de marzo ata o xoves día 6.
Máis de 4.500 alumnos asistirán ás representacións, que terán lugar ás doce da mañá e ás ci
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe que o Concello de Lugo ten en marcha unha inversión de 415.180 euros para a repavimentación de viais e beirarúas.
Galicia vive o semestre máis seco dos últimos 60 anos
O Concelleiro de Medioambiente, Lino González Dopeso, e o Secretario Xeral para a Prevención da Contaminación e o Cambio Climático do Ministerio de Medioambiente, Arturo Gonzalo Aizpiri, presentaron as estratexias locais e nacionais que establecerán as liñas de actuación conxuntas para loitar contra o cambio climático.
A xornada Innovación: motor de competitividade empresarial organizada pola Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, e a Fundación InnovaPyme de Galicia tivo lugar hoxe nas instalacións do CEI-Nodus.
Preto de 70 persoas coñeceron da man de José Ramón Pais Curto, Vicepresidente da Fundación InnovaPyme, as axudas á innovación empresasial ás que poden optar as Pemes.
Antonio Mateos, Director de Denvolvemento de negocio de CTAG, Alberto Martínez Pintos da área comercial de AIMEN, e Carlos Ruiz Blanco, adxunto da dirección xeral de Anfaco-Cecopesca, falaron sobre os
A Biblioteca Municipal acolle este xoves, 28 de febreiro, unha sesión de contacontos encadrada no programa de Animación á Lectura e Contacontos deseñado pola Concelleira de Cultura e Turismo e que arrincou o pasado 14 de febreiro.
Este xoves, Marta Cuenca ofrecerá un repertorio de contacontos para toda a familia titulado “Dúas palabras” a partir das 19:00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1733
- 1734
- 1735
- 1736
- 1737
- 1738
- 1739
- 1740
- 1741
- …
- seguinte ›
- última »