Éxito de participación nas II Xornadas de Prevención de Drogodependencias organizadas polo Concello de Lugo

Venres, 29 de febreiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo, o Delegado Provincial de Sanidade, D. Ángel Rodríguez Lois, o Subdirector Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, Víctor Pedreira Crespo, e o Director da Escola de Maxisterio de Lugo, Modesto Aníbal Rodríguez Neira, inauguraron as II Xornadas Lucenses de Prevención de Drogodependencias organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Todas as autoridades agradeceron ao Concello a convocatoria destas xornadas que versan sobre un tema tan importante como son as drogodependenzas e o traballo para acadar a súa solución.

O Alcalde de Lugo indicou que “na problemática das drogodependenzas todavía hai esperanza, non hai nada perdido, se nos preparamos e coñecemos as súas causas as adicións teñen solución”. López Orozco engadiu que “é fundamental que o conxunto da sociedade colabore para facerlle fronte e darlle solución a este gran problema”.

As xornadas comezaron hoxe con absoluto éxito de participación, o número de prazas tiveron que apliarse ata 180 cando había previstas 150 prazas. As xornadas terán lugar ademáis de hoxe, os días 1, 7, 8, 14 e 15 de marzo no Salón de Actos da Escola de Formación do Profesorado de Lugo.

Estas xornadas, que contaron con preto de 200 participantes, serven de foro para o intercambio de experiencias e para establecer redes de comunicación e interacción entre os distintos profesionais implicados no traballo de prevención de drogodependencias. O ano pasado as xornadas estiveron dedicadas aos traballadores e asistentes sociais, mentres nesta edición centraranse no eido da educación.

Terán lugar unha serie de conferencias teórico- prácticas ofrecidas por poñentes especializados e de referencia no ámbito das drogodependencias e da educación.

Entre os obxectivos principais destas xornadas figuran o de establecer liñas de actuación futuras con carácter de continuidade e capacitar aos profesionais da educación como mediadores na resolución de conflictos no eido da prevención de drogas.

Desde o Plan Municipal de Drogodependencias do Concello de Lugo desenvólvense ao longo de todo o ano distintas actuacións educativas e informativas que abarcan tres dimensións: a comunitaria, a familiar e a educativa desde o punto de vista da prevención do consumo de drogas.

Para obter máis información pode consultarse o programa completo na web www.lugo.es.

Noticias relacionadas