Lugo acolle o V Festival Interfolk Encuentro de Culturas no Camiño primitivo os días 6 e 7 de xuño, que se celebra por quinto ano consecutivo e que convirte á cidade amurallada nun punto de encontro de referencia para os seguidores das músicas folclóricas de todo o mundo. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.
Durante dous días a Praza de Santa María acollerá os concertos de La Shica, Transglobal Underground, Malvela, Celtas Cortos e DJ Shantel.
O mundo do cómic, a música e a fotografía serán as actividades protagonistas da programación elaborada para o mes de maio ao amparo do Convenio Lugo Cultural, do que forman parte a USC, o Concello, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Fundación Caixa Galicia.
Esta programación foi presentada este venres polo vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, e a coordinadora do programa no Campus de Lugo, Paloma Lugilde.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, presidiu hoxe a terceira xuntanza para analizar a evolución dos 152 proxectos que inclúe o Plan Estratéxico do concello de Lugo.
Sonia Méndez destacou a excelente evolución da liña 4, relacionada coa imaxe de Lugo e a participación cidadá na que dos 32 proxectos que contempla O 87,50%, é dicir, 28 están xa iniciados.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este mércores na inauguración do Congreso Nacional da Asociación Española de Enfermería en Neurociencias que se celebrará en Lugo desde o 14 ó 17 de maio.
Nos últimos anos, o Festival de Música Cidade de Lugo ofreceu varias óperas e oratorios de Haendel que tiveron a súa culminación no fabuloso Rodrigo do ano pasado a cargo de Eduardo López Banzo e a súa orquestra Al Ayre Español. Seguindo nesta liña que tantos éxitos dou ao festival, agora tócalle a vez a outro dos grandes xenios do Barroco, a Vivaldi e o seu oratorio sacro-militar Juditha Triumphans.
Mañá venres, 16 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme Me llaman Radio.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, por Agustín Merino, Vicerreitor Adxunto de Investigación e Proxeción Exterior da USC, Luis García, Presidente da Fundación CEL, Alfredo Mosteirín, Presidente da Cámara de Comercio e Rubén López, Vicepresidente da Asociación de Jóvenes Empresarios, foron os encargados de inaugurar oficialmente a III Edición do Día do Emprendemento.
Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o Salón de Actos do CEI-NODUS acolle esta iniciativa na que participan numerosos mozos e mozas lucenses e tamén
Esta fin de semana arrinca na praza Maior a XXVI edición da Feira do Libro, coincidindo coa festividade das Letras Galegas. Así o anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo; o Delegado da Consellería de Cultura, Xoán Xosé Molina, e o organizador da feira, Antonio Fernández Mayra.
Un total de 10 stands conforman a oferta cultural desta edición que conta cun programa cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e tamén talleres.
Na procura dunha maior participación da cidadanía, dentro do que é a actividade de celebración do Día das Letras Galegas, e na busca por facela non só unha actividade dun día, senón que teña transcendencia ao longo do ano, presentouse, no 2007, un proxecto aberto, innovador e flexible, temporalizado en varias fases, co fin de avanzar a través dunha continua avaliación: Letra Viva.
A edición deste ano, foi presentada pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Deputado Provincial de Deportes, Antón Veiga, o Delegado Provincial da Concellería de Cultura, Xoán Xosé Molina, e
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1704
- 1705
- 1706
- 1707
- 1708
- 1709
- 1710
- 1711
- 1712
- …
- seguinte ›
- última »