O Concello de Lugo celebrará este domingo 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, unha convocatoria xa consolidada e que o ano pasado contou con 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.
Esta nova edición conta con algunhas novidades. En primeiro lugar, delimítase o espazo que poden ocupar os pintores a só o recinto amurallado e o adarve da Muralla.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acudiu hoxe na Casa da Cultura do Concello de Parres, en Arriondas ao acto de presentación da 72 edición do Descenso do Sella que terá lugar o 9 de agosto na localidade asturiana.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou xunto á Vicerreitora Adxunta de Infraestruturas e Servizos da USC, Celia Besteiro; o Coordinador de Palimoco Teatro, Alberte Viveiro; e a Directora da Escola de Arte e Lecer, Asunción Fernández, o IV Teateatre.
A Concelleira explicou que "esta nova edición de Teateatre é unha mostra do compromiso das institucións co teatro da cidade". Concepción Burgo destacou que "neste foro danse cita algúns dos mellores profesores das distintas disciplinas teatrais".
Mañá xoves, 10 de xullo, comeza o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta primeira proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar cunha das películas francesas máis taquilleras dos últimos anos: Amelie.
O responsable do Gabinete de Tráfico da Policía Local de Lugo, Manuel García Ferreiro, participou o pasado venres 27 de xuño en Madrid na primeira xuntanza do Grupo de Traballo Técnico de Mobilidade Urbana Sostible da Federación Española de Municipios e Provincias.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, acompañada polo Voceiro do Goberno Local, José Rábade, deu conta dos asuntos tratados na segunda xuntanza da Comisión de seguemento do plan de erradicación do chavolismo que afectaba ao veciños do barrio da Ponte.
Á xuntanza, que comezou esta mañá ás 9:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Lugo, asistiron representantes do Goberno Local, de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Vivenda, da Consellería de Sanidade, da Consellería de Traballo, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, e veciños do barrio d
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo actual Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, presentou á que será en pouco tempo a nova Delegada de Urbanismo no Concello de Lugo: María Novo Pena.
López Orozco salientou a excelente traxectoria profesional que ten Novo e que avala a súa decisión de nomeala responsable deste área logo de 3 anos como xerente da Empresa Municipal de Vivenda e Solo, EVISLUSA.
María Novo é licenciada en Dereito, profesión que exerceu ata o de agora, e ten unha ampla experiencia no sector do Urbanismo.
Por Decreto nº 91/2008, do día 30 de xuño, do Libro de Resolucións de Contratación-Fomento, ditado pola tenente de Alcalde Delegada da Área de Economía e Emprego, aprobáronse as BASES REGULADORAS DAS AXUDAS EN ORDE Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO CASCO HISTÓRICO DE LUGO, 9ª FASE, ASÍ COMO OS SEUS ANEXOS e que a continuación se transcriben de xeito literal:
"EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Excmo.
A Concellería de Muller e Benestar Social, a través do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias organiza un curso de alfabetización informática para os mozos e mozas da cidade menores de 18 anos e que se desenvolverá nos meses de verán no Telecentro de O Castiñeiro.
Os obxectivos do curso serán:
-Aprender a estructurar e organizar información no ordeador.
-Introducir e desenvolver a informática como contido de aprendizaxe
-Dar a coñecer cales son as ventaxas e perigos de internet
-Abrir o espectro de posibilidades traballando con diferentes format
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao Embaixador de España en China, Carlos Blasco, e ao Embaixador Especial do Ano de España en China, Pablo Bravo.
López Orozco destacou a importancia desta viaxe institucional na que se "abriron portas ao empresariado lucense, na medida das posibilidades que ten o Concello".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1686
- 1687
- 1688
- 1689
- 1690
- 1691
- 1692
- 1693
- 1694
- …
- seguinte ›
- última »