O Centro Social Díaz de Castro acolle mañá luns 4 de agosto a proxección de Kirikú y la bruja dentro do programa Videoforum infantil. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.
O vindeiro luns, 4 de agosto, comeza o segundo curso da IV Edición do Teateatre organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, a Universidade de Santiago de Compostela, Palimoco Teatro e a Escola de Arte e Lecer.
Esta cuarta edición do Teateatre oferta tres cursos de formación dramática para profesionais e afeccionados. O programa pretende servir de foro de encontro, formación e creación para actores e amateurs do teatro.
O segundo dos cursos será impartido por Tatiana Rodríguez Vázquez, guionista de cine, televisión e teatro. Baixo o título Guión.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou oficialmente que se propondrá ao diplomático lucense Pablo Bravo para ser o pregoeiro das Festas de San Froilán deste ano. A candidatura foi aprobada por unanimidade na Comisión de Festas e o único que falta é a aceptación de Bravo.
A Concelleira de Sevizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a segunda fase do proxecto “Lugo 24x7”. Como explicou a edila “trátase da continuación do proxecto iniciado o ano 2007 por este Concello, coa finalidade de modernizar a xestión e as súas formas de funcionamento, e a de posibilitar a relación da cidadanía co Concello a través das TIC, para abrir a Administración Local aos cidadáns as 24 horas do día os 7 días á semana”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello aos membros do equipo Club de Ciclismo Cidade de Lugo que se proclamaron campións galegos en contrareloxo individual, Jesús González e na categoría élite de fondo, Jose Antonio Cerezo.
O Alcalde felicitou aos integrantes do equipo lucense e afirmou que é un orgullo para a cidade contar con xente que traballa tanto para chegar tan alto no mundo do ciclismo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello ao presidente do club de montaña Mustallar, Juan Mosquera.
O equipo ven de realizar unha subida ao Monte Elbruz de 5.642 metros de altitud e situado na cordilleira do Cáucaso e que é o pico máis alto de Europa e a quinta cima máis alta do mundo.
O presidente do club entregou ao Alcalde unha réplica da maqueta da Muralla de Lugo que deixaron alí, unha tradición que se realiza habitualmente nesta montaña.
Pola súa banda o Alcalde entreg
Preto de 50 nenas e nenos da escola infantil municipal de Serra de Outes celebraron o fin das clases unha festa na que estivo presente a Concelleira de Educación Dolores Vieiro.
Durante a mañá os rapaces difrutaron con diferentes actividades como teatro, títeres e xogos.
Unha campaña de promoción turística e levar o expositor a feiras de España, Portugal e Suíza, próximas liñas da institución provincial en materia de turismo
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira e Delegada de Turismo, María Xosé Vega Buján, prestaron este xoves a imaxe que representará á provincia nos vindeiros meses. O expositor e o logotipo son algunhas das medidas incluídas no Plan Director de Turismo 2008-2011da Deputación.
No acto, no que tamén estiveron presentes o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a
Mañá venres, 1 de agosto, celebrarase as actividades da xornada de seguridade viaria Bike con tento, que por mor do tempo suspendéranse o pasado 5 de xullo.
Trátase das actividades complementarias ás clases teórico-prácticas(xa celebradas) que terán lugar na praza da Horta do Seminario. A partir das 21:30 horas terá lugar o concerto do grupo de música Maldía. Trátase dunha agrupación de Hevy Metal nacido en Lugo en outubro do 2006 e que está composto por: Nemesio (voz), Jose (batería), Jesus (guitarra), Angel (baixo) e David (guitarra).
Mañá xoves, 31 de xullo, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Bienvenido Mr.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1679
- 1680
- 1681
- 1682
- 1683
- 1684
- 1685
- 1686
- 1687
- …
- seguinte ›
- última »