A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, anunciou hoxe o inicio do prazo para o cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e de vados, que dende o ano pasado se fai nun período fixo, dende o 20 de setembro ata o 20 de novembro, tal e como recolle o calendario do contribuínte.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou as últimas citas musicais das vindeiras festas de San Froilán que quedaban por anunciar. O programa de concertos queda así pechado co seguinte calendario:
Mañá comezan as actividades organizadas polo Concello de Lugo con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade que terán lugar entre o 16 e o 22 de setembro. O obxectivo do programa é promover entre a cidadanía o uso de transportes alternativos ao coche como pode ser a bicicleta.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Delegada de Urbanismo, María Novo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron hoxe as obras que se están a executar no barrio de Paradai.
López Orozco indicou que “nesta zona inponse un novo modelo de cidade, con novos espazos para urbanizar e construir vivendas de promoción publica e privada. Paradai é un exemplo singular de cómo se poden facer as cousas de forma extraordinaria contando coa colaboración dos veciños”.
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presidiu esta mañá en Lugo a inauguración das Xornadas formativas de acompañante de transporte escolar, que se celebrarán en 25 concellos de toda Galicia os días 13, 20 e 27 de setembro. Na presentación, estivo acompañada polo alcalde de Lugo, José López Orozco.
Máis de 28.000 persoas participaron este verán nas actividades organizadas polo Concello de Lugo como unha oferta para o tempo de lecer, segundo anunciaron hoxe a Concelleira de Muller, Benestar Social e Xuventude, Carmen Basadre, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.
"O Concello de Lugo conta cunha economía saneada que lle permite conxelar os impostos beneficiando ás familias, sen mermar a recadacións das arcas municipais, xa que as altas do padrón aumentaron e iso permite non subir os impostos".
Mañá sábado 13 de setembro arrinca o IV Concurso de Tapas de Lugo. Este certame, que é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poner en valor a cociña da cidade, prolongarase ata o 28 deste mes e a selección dos gañadores será a principios do mes de outubro.
Esta edición conta con 40 participantes, dez máis que o ano pasado, dos cales 20 participarán na modalidade de tapa creativa e 20 na modalidade de tapa tradicional:
La inauguración estará presidida por Manuel Vázquez Fernández, Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de la Xunta de Galicia, y seguirá el siguiente orden de intervenciones:
Co comezo do novo curso ponse en marcha tamén unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais organizadas polas Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1666
- 1667
- 1668
- 1669
- 1670
- 1671
- 1672
- 1673
- 1674
- …
- seguinte ›
- última »