Isabel Carril Quiroga resultou gañadora do concurso de deseño gráfico para a elaboración do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
A IX Marcha Cicloturista BTT “San Froilán, organizada polo Club Ciclista Correcamiños Lugo en colaboración co Concello de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo 28 de setembro.
Os 150 participantes sairán as 9:00 horas dende a Piscina Municipal de Frigsa. A partir das 8:00 os participantes poderán recoller os dorsais.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e a representante da Asociación Lucense pro Lactancia Materna Bico de Leite, Rosana López , presentaron hoxe as actividades da Semana Mundial da Lactación Materna que este ano terá como lema “Apoio á nai: construindo o éxito” e terá lugar a primeira semana de outubro.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, participou hoxe nunha Comisión de Asuntos Xerais convocada por acordo dos tres grupos políticos con representación municipal en na que estiveron presentes o Presidente da Asociación Provincial de Autoesolas, o Director do Instituto Mapfre, o Director Xeral de Tráfico e varios técnicos municipais do departamento de Enxeñería e do Gabinete de Tráfico.
O programa de actos das Festas de San Froilán arrincará o sábado 4 de outubro co pregón do diplomático lucense Pablo Bravo Lozano, ás oito da tarde na Casa Consistorial, e terminará o 12 de outubro coa tradicional sesión de fogos artificiais.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, indicou que “se trata dun programa moi completo, moi ambicioso e que persegue cumprir cos gustos de todo o mundo”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o director territorial de Caixa Galicia, Walter Álvarez, asinaron un novo convenio de colaboración para facilitar aos administrados e o pago dos tributos municipais.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o representante da Asociación Galega de Apicultura, Marcos Varela, e a presidenta da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, e Josefa Docal, presentaron unha nova edición da Feira do Mel de Lugo.
Como todos os anos o Concello colabora con esta cita co mel que terá lugar o 28 de setembro na Praza da Soidade.
A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro organiza con motivo do inicio do novo curso unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura.
O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta fin de semana que lle custou a vida ao brigada Luis Conde perpetrado por ETA na localidade de Santoña e os cometidos o domingo en Ondarroa (Vizcaia) e Vitoria.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1663
- 1664
- 1665
- 1666
- 1667
- 1668
- 1669
- 1670
- 1671
- …
- seguinte ›
- última »