O Concello de Lugo porá, mañá mércores 19 de novembro, á venda as entradas para asistir ao concerto de Paco Ibáñez con motivo do VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou acompañado polo Alcalde de Castroverde, José María Arias Fernández, en representación da Deputación Provincial, unha xornada impartida no Centro de Empresas e Innovación polo director xeral do IGAPE, Álvaro Álvarez-Blazquez e que persigue achegar aos empresarios e emprendedores de Lugo as novas liñas estratéxicas de apoio das que dispoñen o IGAPE para impulsar as iniciativas empresariais.
O Alcalde indicou que “o papel do Concello debe ser o de animador, sobre todo neste momento no que debemos resistir colaborando todos, administración
A Concellería de Economía e Emprego que dirixe Sonia Méndez, sensible ás demandas da pequenas e medianas empresas pon en marcha un Plan de Mellora da Competitividade das PEMES. Trátase dunha nova aposta desta Concellería, polo emprendemento, o comercio e a pequena empresa lucense.
Baixo o lema Peón non te arrisques a precaución é vital o Concello de Lugo levará a cabo unha serie de xornadas informativas sobre seguridade vial para persoas da terceira idade nos Centros Sociais Municipais. Estas accións preventivas do Goberno Local foron presentadas hoxe polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o encargado de impartir as charlas informativas, Jorge Sanmiguel.
Estas xornadas informativas terán lugar a partir das 17:30 horas nos diferentes centros sociais municipais nas s
O vindeiro xoves 20 de novembro, remata o prazo para presentar os traballos ao XIV Certamen de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos que deberán ser contos inéditos, escritos en lingua galega, con tema libre e extensión non superior a dez páxinas. Presentaranse por triplicado, escritos por unha soa cara, a máquina ou a man. Os traballos enviaranse baixo lema á Concellería de Educación, situada no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes, José Rábade, presentou hoxe os cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible. Nesta presentación estivo acompañado polo Director do INEGA, Juan José Álvarez Carril, o Delegado en Lugo da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, o responsable de divulgación da Fundación Sotavento, Manuel Díaz, e o xerente de Autolusa, Vicente Quintás.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, José Ignacio Vidal Pardo, asinaron un Convenio de Colaboración Científico Tecnolóxica cunha duración de dous anos.
O obxectivo deste acordo é que a Administración local e o Colexio colaboren en actividades de promoción da saúde e prevención de enfermidades e accidentes, así como a reinserción social das persoas que o necesiten.
O Convenio inclúe a colaboración en educación sanitaria da poboación, formación de persoal investigador e técnico e a realización de proxectos de investigación
O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, arrinca hoxe luns 17 de novembro coa obra Muerte accidental de un anarquista de Darío Fo.
A compañía Suripanta Teatro, contará a historia na que o autor italiano narra como un tolo é detido pola policía na comisaría onde uns días antes outro detido, un ferroviario anarquista, acusado de colaborar nun atentado terrorista, morre ao caer por unha das fiestras do edificio.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou unha nova edición do Magosto popular pola tolerancia que o Concello de Lugo leva varios anos organizando e dedicando a colectivos sociais. Este ano realízase coa colaboración da Asociación de Rioplatenses de Lugo, cuxo presidente, Jorge Rodríguez destacou a importancia do traballo conxunto.
Na actualidade no concello de Lugo hai máis de 300 persoas de orixe arxentina e uruguaia.
O cambio climático converteuse a día de hoxe nunha das grandes preocupacións da sociedade, e unha das principais causas do efecto invernadoiro é a emisión de gases contaminates que emiten á atmósfera os automóbiles.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1646
- 1647
- 1648
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- 1653
- 1654
- …
- seguinte ›
- última »