O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao Colexio María Auxiliadora onde compartiu boa parte da mañá cos alumnos e alumnas deste centro educativo da cidade que o recibiron cantando o himno galego.
Os rapaces e rapazas de sexto de Primaria interésaronse coas súas preguntas polas labores que realiza a diario o Alcalde para o desempeño do seu cargo.
A revista Foeminas edita o seu número o 31 celebrando o seu terceiro aniversario e conmemorando o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A revista realiza unha breve reflexión sobre este terceiro aniversario titulado "E que cumpras moitos máis…".
O Concello de Lugo e a asociación Lóstregos organizan unha campaña de recollida de xoguetes con destino a nenos con poucos recursos económicos. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, e o presidente da asociación Lóstregos Lucus, Raúl Rocha, presentaron esta acción solidaria na que esperan a colaboración de todos os lucenses.
É o segundo ano que se leva a cabo a campaña de Xoguetes en Movemento que pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas fechas previas ó nadal ante a situación de desigualdade social existente.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe unha nova publicación do Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo : …drogas, violencia…unha cuestión de xénero...
Con esta publicación preténdese abordar algunhas das problemáticas sociais máis importantes da actualidade: as drogodependencias e a violencia de xénero. Ainda que o consumo de drogas non é a causa da violencia sí que poder ter unha correlación cos factores desencadenantes da mesma.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e os representantes de preto de 20 asociacións de persoas con discapacidades da cidade presentaron o programa de Diversiarte 2008.
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá do 1 ao 15 de decembro a exposición itinerante arredor do libro Eu tamén son unha fonte de Teresa Moure e ilustrado por Leandro Lamas. Esta mostra organizada pola Federación Galega de Asociacións de apoio á lactación materna (Fadelgama) conta coa colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social e a Concellería de Educación.
O obxectivo é que todos e todas se sensibilicen sobre a importancia do aleitamento materno.
O Primeiro Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar mañá, sábado 29 de novembro, no Mercado de Abastos de Lugo a partir das 10:00 horas
Será a primeira vez que se celebra en toda Galicia e no que se congregarán 30 expositoras que farán deste día un encontro moi importate das mulleres emprendedoras rurais no pleno centro de Lugo.
Mañá, luns 1 de decembro, celébraranse os actos que o Concello de Lugo organiza para conmemorar o Día Mundial da loita contra a Sida.
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para os lucenses que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
O Servizo Muncipal de Prevención de Drogodependenzas que depende da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, realiza este ano unha pequena campaña encaminada a t
O Concello de Lugo celebrará o vindeiro domingo, 30 de novembro, o VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade coa actuación na cidade de Paco Ibáñez. O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire a partir das 20:30 horas.
O Alcalde de Lugo José López Orozco quere que todos os lucenses “celebren a conmemoración da Muralla como Patrimonio porque foi un acto que nos uniu naquel momento e agora nos ten que unir ainda máis”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos do Concello a un grupo de 20 nenos e nenas de 5 a 12 anos e a 14 profesores chegados das escolas asociadas á UNESCO de diversas autonomías de España.
Esta visita enmárcase dentro do II Encuentro de Jóvenes y Patrimonio que se está a celebrar en Santiago de Compostela dende onte venres 28 de novembro e ata mañá domingo día 30.
A finalidade do encontro é que os alumnos e alumnas premiadas no concurso “El patrimonio en mi comunidad autónoma, dentro do Proxecto da Unesco: El Patrimonio en manos de los Jóvenes, comp
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1644
- 1645
- 1646
- 1647
- 1648
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- …
- seguinte ›
- última »