O Concello de Lugo, a través da súa Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, desexa colaborar coa ONG Médicos sin Fronteiras facendo público o seu informe As Dez Crises humanitarias máis desatendidas de 2008.
De todo o conxunto de crises humanitarias existentes seleccionáronse as 10 que Médicos sin Fronteras considera foron as máis desatendidas no 2008 pola Comunidade Internacional, polos actores internacionais con responsabilidade ou capacidade de influencia nas mesmas.
O obxectivo principal do informe é que polo menos unha vez ao ano os medios de
A decana da Facultade de Veterinaria de Lugo, Ana Bravo del Moral, recibiu no nome da institución académica o galardón do IX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural que distingue o labor do centro pola súa achega ao desenvolvemento económico de Galicia e ao benestar das persoas do medio rural.
A cerimonia estivo presidida pola ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, e a ela acudiron tamén o Alcalde de Lugo, José López Orozco e ademais os membros do xurado desta novena edición, composto polo reitor da USC, Senén Barro; o vicerreitor de Coordinación do Campus d
A Concellería de Protección da Comunidade do Concello de Lugo fai públicas unha serie de medidas que debe ter en conta a cidadanía lucense ante a alerta vermella que será activada por Protección Civil no día de hoxe, venres 22 de xaneiro, a partir das 21:00 horas, momento no que segundo os servizos meteorolóxicos soprarán a unha velocidade de máis de 150 quilómetros por hora.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, impartirá dous cursos formativos destinados á mocidade lucense e que nos últimos anos contaron cunha gran demanda: o curso de monitores de tempo libre e de linguaxe de signos. A xunta de compras do Concello de Lugo aprobou o investimento de 11.181 euros para a realización destas actividades.
- Curso de monitores.- Esta actividade, destinada a persoas de entre 18 e 30 anos, conta cun total de 200 horas teóricas e 150 prácticas que se realizarán nas actividades organizadas pola Concellería.
A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, organizou para a vindeira semana espectáculo Cachai " Aula aberta de filosofía" con motivo da semana mundial pola paz.
O espectáculo chega ao Auditorio Municipal Gustave Freire, despois de percorrer gran parte da nosa geografia: Barcelona, Zaragoza, Huesca, Vigo, Pontevedra, Córdoba, Almeria, Jaen, e Zamora entre outras.
Coa participacion dos alumnos e alumnas dos centros de ensino secundario da cidade, Cachai convértese nun "aula de filosofía", precedido dunha presentación e seguido dun posterior debate.

* Aposta por potenciar a esencia dos barrios, mellorando os servizos, dotacións e as súas conexións internas e co resto da cidade
* Este Plan proxecta 2.198.673 metros cadrados de espazos libres e 1.816.790 de equipamentos deportivos e culturais
* O 82,87% do solo está cualificado como rústico, o 8,54% núcleos rurais, o 3,5% solo urbano e o 5,09% solo urbanizable
* O propio Concello asume o compromiso de desenvolver os plans especiais dos núcleos catalogados como conxuntos de interese
O Con
O equipo de goberno do Concello de Lugo decidiu poñer en marcha unha Oficina de Información do Plan Xeral de Ordenación Municipal para solucionar todas as dúbidas que teñan os veciños e veciñas sobre o documento urbanístico aprobado provisionalmente no Pleno do 23 de xaneiro.
Esta Oficina que comezará a funcionar en aproximadamente 30 días estará ubicada no Centro Social Uxío Novenoyra e estará coordenada pola propia Delegada de Urbanismo, María Novo.
* O luns amplíase o servizo de atención cidadá da Policía Local para colaborar coa cidadanía nas reclamacións por danos materiais
O Concello de Lugo anunciou a alerta laranxa a primeira hora da mañá e xa a mediodía anunciou que a partir das 21:00 horas se activaría a alerta vermella en todo o municipio.
Ás 8:00 da mañá do venres 23 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza de urxencia para poñer en marcha un dispositivo de seguridade que, dende ese momento quedou activado.
Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, equipos de Zona Rural, servizos eléctricos municipais, servizos de comunicacións, Calfensa e Urbaser traballaron durante toda a noite do venres e durante o día do sábado para garantir a volta á normalidade na cidade,
O Voceiro do Goberno Local, José Rábade, fixo balance das actuacións realizadas polos servizos municipais debido aos efectos do forte temporal que afectou ao Concello de Lugo.
A Delegada de Urbanismo, María Novo, manifestou a "profunda satisfacción do equipo de goberno" tralo Pleno de aprobación provisional do Plan Xeral. Novo lembrou ademais os diferentes pasos que terá que dar este documento urbanístico ata a aprobación definitiva que terá que realizar a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
Unha vez que o Secretario do Concello dilixencie e fiscalice toda a documentación aprobada no Pleno, deberá remitila a urbanismo que será quen a faga chegar á Consellería de Medio Ambiente e á de Política Territorial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1630
- 1631
- 1632
- 1633
- 1634
- 1635
- 1636
- 1637
- 1638
- …
- seguinte ›
- última »