Debido ás obras de mellora do falso teito e tareas de pintura, a pranta alta do Centro Social de A Milagrosa permanecerá pechada ao público durante un prazo previsto de 15 días.
O resto de servizos do centro social continuarán a funcionar con normalidade e os usuarios poderán disfrutar sen problema algún da cafetería.
Ao remate das obra volverase a abrir ao público a pranta alta do centro social.

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo celebrada o pasado venres 13 de marzo, aprobou a adxudicación de cinco proxectos que forman parte dos 79 incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local.
Para o arranxo do camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea (Parroquia de Tirimol) presentáronse 6 empresas e propúsose como adxudicataria a Asogal cun prezo de 143.740 euros.
Foron tres as empresas que presentaron as súas ofertas para executar a renovación de saneamento en Carvalho Calero (Augas Férreas).

A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, manifestou o interese do Equipo de Goberno de manter limpos os soares da cidade que non están edificados, sobre todo nesta época do ano. A Delegada lembrou que na Lei do Solo de Galicia existe unha obriga para todos os propietarios de soares de mantelos en condicións de salubridade, de ornato e medioambientais.
Novo indicou que o Concello tramitou no último ano un total de 237 expedientes de limpeza de malezas en fincas e manifestou a satisfacción do Goberno Local "porque en xeral a xente entende moi ben esta obrig

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, continúa cos actos do programa de celebración do Día Internacional das Mulleres organizado polo Concello de Lugo. Os actos comezaron o pasado 6 de marzo coa entrega dos premios Entre Mulleres á judoka lucense Sara Álvarez e á teceira Carmen Rodríguez.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Francisco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón, e José Fernández, en representación da asociación deportiva Fefeme, presentaron hoxe o XIX Duatlón Cidade de Lugo que terá lugar na cidade o vindeiro domingo, 15 de marzo, e que se desenvolverá nos arredores do Pazo de Feiras e Congresos.
Esta proba encádrase no Circuíto Galego de Duatlón e contará coa participación dun total de 208 duatletas femininas e masculinos, así como dunha ampla representación dos clubes Galegos.
O edil destacou que este campionato es

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e o Director Territorial de Caixa Galicia en Lugo, Walter Álvarez, presentaron a reedición en papel da Guía do Contribuínte que patrocina Caixa Galicia e que a partir de abril se repartirá entre a cidadanía e se poderá descargar dende o portal web do Concello www.lugo.es.
Trátase dun manual con información de moita utilidade para os contribuíntes, e que, entre outras cousas recolle un calendario estable para o pago dos tríbutos.
O vindeiro sábado 14 de marzo terá lugar a cuarta proba do circuíto Larsa Corre con Nós que transcurre íntegramente pola estrada do Paseo do Rato adoptando distintas distancias en función das categorías dos corredores e das corredoras.
A saída e a meta estarán situadas no extremo da estrada do Rato que conflúe coa Nacional VI, dende donde sairán as diferentes categorías.
A primeira das carreiras corresponderá a categoría A que percorrerá una distancia de 800 metros.

Debido aos traballos de mellora na rede municipal de suministro de auga que se están a realizar na Nacional-VI no tramo comprendido entre Tolda de Castela e Nadela, terá lugar un corte no suministro o vindeiro luns 16 de marzo dende as 15:00 ás 21:00 horas nas seguintes zonas:
- Avenida de Madrid dende a Avenida Bernardino Pardo Ouro ata a Tolda de Castela.
- Avenida Filarmónica Lucense.
- Tolda de Castela.
- Nacional VI dende a Tolda de Castela ata Nadela.
- Bosende.
- Mouto.
- Barxelas.
- Vahárselas.
- Anguieiro.
- Conturiz.
- O Cuco.
- Estrada do
O Boletín Oficial da provincia de Lugo publicou hoxe, xoves 12 de marzo, a apertura do procedemento de adxudicación de tres obras incluídas entre os 79 proxectos do Concello de Lugo do Fondo Estatal de Investimentos Locais do Goberno para o ano 2009.
Publicouse a apertura do procedemento de adxudicación da construción dunha gardería municipal no barrio de San Fiz, na parcela 10-C do Plan Parcial de Ordenación do Sector Sur K. O orzamento máximo do contrato será de 630.00 euros e o prazo de execución de 8 meses.

O portal web do Concello conta cun novo espazo con información sobre a OMIC
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o programa de actos do Día Mundial do Consumidor xunto a Presidenta da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Lugo, Pilar Becerra.
A edil aproveitou a ocasión para ofrecer un balance das consultas e das reclamacións rexistradas na Oficina Municipal do Consumidor (OMIC) ao longo dos meses de xaneiro e febreiro de 2008.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1600
- 1601
- 1602
- 1603
- 1604
- 1605
- 1606
- 1607
- 1608
- …
- seguinte ›
- última »