
Mañá, xoves 19 de marzo, terá lugar unha xornada de boxeo organizada polo Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo a partir das 18:00 horas no polideportivo do Palomar.
A competición consistirá en dous grandes combates de Kick Boxing entre o Club Planasport de A Coruña contra Club Galaico de Lugo, e 4 grandes combates de Boxeo Olímpico Amateur entre o Club IFCO-LEE MANUEL de Vigo contra Boxing Club Cidade de Lugo donde combatirá el representante lucense Alberto Piñeiro, actual Campión de España.
Todos os afeccionados lucenses a este deporte poderán disfrut

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza un Mercado Romano de mulleres artesás incluído dentro do programa elaborado polo seu departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que comezou o pasado 6 de marzo coa entrega dos Premios Entre Mulleres.
Trátase dun mercado no que participarán máis de 90 postos nos que se porán a venda produtos artesás elaborados por mulleres de toda España.

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo mantivo hoxe unha xuntanza para a contratación das obras de ampliación da piscina cuberta e climatizada do parque de A Milagrosa incluída dentro dos proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local.

As axudas da primeira fase poderánse solicitar ata o 17 de abril deste ano
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informaron sobre a convocatoria de subvencións que fai o Plan Urban de Lugo aos hostaleiros e comerciantes da zona centro.
Trátase dunha liña de axudas que permitirá unha inxección económica para todos aqueles hostaleiros e comerciantes da zona Urban que as precisen nun momento de crise coma o actual.

Trátase dun edificio funcional e integrado no espazo
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, presentou hoxe o anteproxecto seleccionado para a construción da nova sede da Policía local. A Mesa de Contratación reuniu a un Comité de Expertos para propor a adxudicación do proxecto á empresa Mestura por un orzamento total 3.171.449 euros.

O xurado do premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, elexiou hoxe aos dous gañadores nas dúas categorías.

A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou a contratación do servizo de dirección de obra e o estudo de coordinación e seguridade de obra de seis proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local:
- Por un importe de 12.296 euros para a obra de acondicionamento da Escola de Santa Comba. O centro pertence a un programa de construción de escolas unitarias dos anos sesenta.
Debido ás obras de mellora do falso teito e tareas de pintura, a pranta alta do Centro Social de A Milagrosa permanecerá pechada ao público durante un prazo previsto de 15 días.
O resto de servizos do centro social continuarán a funcionar con normalidade e os usuarios poderán disfrutar sen problema algún da cafetería.
Ao remate das obra volverase a abrir ao público a pranta alta do centro social.

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo celebrada o pasado venres 13 de marzo, aprobou a adxudicación de cinco proxectos que forman parte dos 79 incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local.
Para o arranxo do camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea (Parroquia de Tirimol) presentáronse 6 empresas e propúsose como adxudicataria a Asogal cun prezo de 143.740 euros.
Foron tres as empresas que presentaron as súas ofertas para executar a renovación de saneamento en Carvalho Calero (Augas Férreas).

A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, manifestou o interese do Equipo de Goberno de manter limpos os soares da cidade que non están edificados, sobre todo nesta época do ano. A Delegada lembrou que na Lei do Solo de Galicia existe unha obriga para todos os propietarios de soares de mantelos en condicións de salubridade, de ornato e medioambientais.
Novo indicou que o Concello tramitou no último ano un total de 237 expedientes de limpeza de malezas en fincas e manifestou a satisfacción do Goberno Local "porque en xeral a xente entende moi ben esta obrig
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1599
- 1600
- 1601
- 1602
- 1603
- 1604
- 1605
- 1606
- 1607
- …
- seguinte ›
- última »