Comeza a trixésimo sétima edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo. XXXVII Semana do Corpus que durante os próximo mes e medio encherá de música a cidade cos dezaoito concertos que se celebrarán en diferentes lugares como o Círculo das Artes, o Conservatorio de Música, a Igrexa de San Pedro e a sede de Fundación Caixa Galicia.
Ata o vindeiro 27 de abril nas Oficinas da Administración Municipal, sitas na Ronda da Muralla 197, estará exposto ao público o censo electoral do Concello de Lugo. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas da cidade poidan comprobar a corrección dos seus datos nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A exposición Valle-Inclán debuxado foi inaugurada onte mércores 22 de abril no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela, converténdose así na primeira mostra organizada polo Concello de Lugo que se transforma nunha mostra itinerante unha vez finalizada a súa estancia en Lugo. Neste acto estivo, en representación do Goberno Local, a Concelleira de Cultura e Turismo.
O Boletín Oficial do Estado de hoxe, día 22 de abril, publica as datas nas que se levará a cabo o levantamento das actas previas á ocupación de bens afectados polas obras para a construción da nova ponte sobre o río Miño ao seu paso pola cidade.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o Plan de control e aforro do gasto de oficina realizado polo departamento que dirixe. Trátase dunha aposta máis do equipo de goberno por reducir o gasto dos cartos públicos e controlar o consumo de material de oficina, fundamentalmente consumibles, nas oficinas da administración pública.
Con este plan prevese un aforro de preto do 30% no gasto de consumibles e mantemento dos equipos de impresión, pasando dun gasto de preto de 105.000 euros, que hai agora mesmo, a non máis de 81.000 euros.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Antón Veiga en representación da Área de Deportes da Deputación Provincial e José Legaspi e Carlos Somoza, membros da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o VI Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 25 de abril a partir das 10:00 horas. Esta proba, que se celebra por sexto ano consecutivo, desenvolverase ao longo da xornada por estradas de Lugo, Castroverde, Pontenova, Baralla, Meira e Castro de Ribeiras de Lea.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao realizador lucense Miguel Granero, que recentemente participou na grabación de dous documentais na Antártida. Neste acto estiveron, ademais de familiares e amigos do realizador, membros da Corporación Municipal.
A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de ordenanza reguladora do Rexistro Municipal de Soares e o Patrimonio Municipal do Solo, paso obrigatorio para que o Concello poida xestionar o seu patrimonio.
A Delegada explicou que a modificación feita pola Xunta de Galicia na Lei do Solo en 2008, obriga aos Concellos que queiran xestionar o seu solo, a crear este rexistro de soares "para poder xestionar novas escolas Infantís, novos Centros Sociais, novas dotacións… estamos obrigados a telo aprobado".

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron hoxe as dúas últimas obras de accesibilidade realizadas na cidade.
A primeira visita foi ao novo ascensor do aparcadoiro da Praza da Constitución.

A Xunta de Goberno Local, segundo explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, aprobou a proposta de adxudicación provisional para o servizo de mantemento e conservación integral das áreas de xogo insfantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais á mercantil Lappset España VR SL, polo prezo de 51.200 euros anuais, e cunhas melloras valoradas en 12.800 euros.
A empresa realizará as labores de mantemento, conservación, sustitución e reparación integral de todos e cada un dos elementos dos xogos que compoñen as áreas de xogo infantís munici
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1598
- 1599
- 1600
- 1601
- 1602
- 1603
- 1604
- 1605
- 1606
- …
- seguinte ›
- última »