O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participará os días 6, 7 e 8 de maio na 45 reunión da CICAD (Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas), órgano de loita contra as drogas da Organización de Estados Americanos.
Foi invitado pola OEA para explicar diante dos países membros deste organismo, a política que en materia de prevención das drogodependencias lévase a cabo en Lugo, cidade modelo para representar a España nesta materia na institución internacional.
Trátase do cuadraxésimo quinto período ordinario de sesións da Comisión Interamericana para o Control

O BOP de hoxe, 30 de abril de 2009, fai pública a adxudicación provisional dunha nova actuación que se levará a cabo no municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.
Trátase das obras de adecuación da zona verde da Costa da Viña, que contan cun orzamento de 322.955,79 euros.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou na presentación do documental "La Teoría del Espiralismo", dirixido por Mabel Lozano e coproducido polo Comité Parolímpico Español e pola Fundación Cultural Banesto.

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou a adxudicación provisional do contrato para el suministro de material de oficina coa empresa Prelo SL, que foi a mellor valorada pola mesa de Contratación das 8 ofertas presentadas ao concurso, segundo informou a Delegada de Urbanismo, María Novo.

O Salón de Actos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación do X Torneo de prebenxamíns Escola Terra de fútbol sala organizado pola Fundación Azkar xunto con Prone Lugo e a Escola de fútbol sala Terra e no cal colaboran a Concellería de Deportes do Concello de Lugo, o Colexio de Árbitros de Lugo, a Deputación Provincial e a Fundación Deporte Galego e que está patrocinado por Transportes Azkar, Coca-Cola e Asport21.
O Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o Xerente da Fundación Azkar, Oscar Hermida, e o Director do Torneo, Diego Ríos foro no

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo adxudicou dous proxectos máis dos 79 presentados polo Goberno Municipal ao Fondo Estatal de Investimento Local.
O primeiro dos proxectos adxudicados foi a renovación da cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no centro de servizos municipais do Concello sito na Ronda da Muralla 197. A adxudicataria para ejecutar este proxecto que conta cun orzamento de 782.066 euros , será a UTE Xestión Ambiental e Dios, que empleará a 24 traballadores, 12 deles novos.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o Plan de Aforro municipal para o uso de telefonía móbil. Luisa Zarzuela explicou que “o Concello de Lugo ante a difícil situación económica global e que afecta tamén a esta cidade, e logo de adoptar distintas medidas de austeridade para reducir o gasto na administración local, decidiu poñer en marcha un novo Plan de Aforro. Esta vez incluirá as liñas de telefonía móbil de todo o Concello de Lugo”.
Na actualidade, o Concello de Lugo conta con 225 liñas de móbil.

O BOP de hoxe, 28 de abril de 2009, fai pública a adxudicación provisional dunha nova actuación que se levará a cabo na zona rural do municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

Tras o exitoso arranque do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus, coa Igrexa de San Pedro ateigada de público para escoitar o concerto dedicado a Haendel da agrupación inglesa The Scholars Baroque Ensemble, e o concerto do frautista Laurent Blaiteau, continúa esta semana a súa marcha cun singular e atrainte programa dedicado á opereta.
A protagonista deste terceiro concerto será a mezzosoprano vienesa Alexandra Rivas.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe o balance das actividades realizadas pola Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial do Concello de Lugo dende a reestruturación da Policía Local levada a cabo a principios do mes de febreiro.
Rábade amosouse moi satisfeito polo traballo efectuado polos axentes desta agrupación que ata o 20 de abril realizaron un total de 1.087 actuacións entre as que destacan:
- 190 intervencións en accidentes de circulación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1597
- 1598
- 1599
- 1600
- 1601
- 1602
- 1603
- 1604
- 1605
- …
- seguinte ›
- última »