
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e os representantes da Asociación Cultural e Motera Lóstregos, Manuel Rodríguez e Raul Rocha, presentaron un curso teórico práctico de condución segura en moto quen terá lugar esta fin de semana.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Concello ao Embaixador de Nicaragua en España, Augusto Zamora, que aproveitou a súa visita á comunidade galega para entrevistarse co mandatario lucense.
Augusto Zamora presentoulle un proxecto que denominou 100 pavillóns de desenvolvemento comunitario para a Educación, a Cultura e o Deporte. A iniciativa, para a cal solicita a cooperación de España, permitirá que a maioría dos 153 municipios que ten Nicaragua conten con pavillóns destinados para a realización de actividades dos máis novos e como Centros sociais para os maiores.
Queridas veciñas e veciños:
Quixen compartir un día tan especial convosco como é o de inicio das festas en honor a San Antonio de Padua en agradecemento a todo o que estades facendo pola mellora e avance do Barrio do Castiñeiro.
O programa de festas deste ano, no que sei que os veciños tivestes un gran protagonismo e levastes a cabo un importante esforzo, é un exemplo vivo do que é este barrio e desde aquí quero felicitar á Comisión de Festas polo seu traballo e ilusión na súa organización.
A Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova traen ás tablas do Auditorio Municipal a dous grandes do teatro: José Sacristán e Hector Alterio, que interpretarán mañá xoves, a partir das 20:30 horas a obra Dos menos.
O espectáculo conta a historia de dous homes maiores que despertan nunha sala de hospital para ser informados de que lles queda moi pouco tempo de vida. Pronto comezan unha marabillosa viaxe, que se converte nun regreso aos sentimentos máis prezados do ser humano: o amor, a amizade, a paternidade e o efímero da vida.
O Concello realizará labores de roza de pistas en diversas parroquias do termo municipal, polo que a Xunta de Goberno aprobou os pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares, así como do gasto e a adxudicación por procedemento negociado e tramitación urxente.

O vixésimo primeiro Congreso Internacional Conxunto de Enxeñaría Gráfica de INGEGRAF e de ADM, que comezou este mércores 10 na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, reunirá na cidade a 183 profesionais, para intercambiaren as súas opinións sobre as diferentes liñas de traballo na aplicación das novas tecnoloxías como canles de comunicación.

Que HOXE as 13:00 horas , na sede desta Asociación, Ramón Montenegro, 15 entrechán, Lugo, terá lugar o Acto de clausura e entrega de diplomas do curso de Camareiro Rte. Bar, que se levou a cabo entre a Dirección General de la Ciudadanía Española en el Exterior, co financiamento do F.S.E. No curso participaron dez alumnos procedentes de Arxentina e Uruguay, dentro do programa de xóvenes do Ministerio de Trabajo e Inmigración.

A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro, está a xestionar este ano máis de 6.500.000 euros de fondos para realizar melloras en todos os barrios da cidade atendendo ás necesidades de cada un deles. O Concelleiro indicou en rolda de prensa que unha boa parte deste orzamento provén dos fondos do Fondo Estatal de Investimento Local que supoñen un total de 4.955.741 euros para a realización de 19 proxectos.

A Escola Politécnica Superior de Lugo e a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) outorgaron este martes 9 o Primeiro Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria ao estudante Iván Raposo Injerto, que foi galardoado cun diploma, unha placa conmemorativa e 300 euros, polo seu ‘Estudo técnico de clavadora de estacas con alimentador’.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participaron na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello con motivo da celebración o pasado venres 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1591
- 1592
- 1593
- 1594
- 1595
- 1596
- 1597
- 1598
- 1599
- …
- seguinte ›
- última »