O servizo de Vixilancia e Salvamento Acuático do Concello de Lugo empezou a funcionar nas áreas fluviais do municipio. Este servizo foi presentado polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, quen explicou que o obxectivo do mesmo é evitar accidentes nas zonas de baño habituais, e actuar nos casos que sexan precisos.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, recibiu esta mañá na Casa do Concello aos rapaces e rapazas do Club de Natación do Club Fluvial que participaron recentemente nos Campionatos Galegos.
A Concelleira felicitou aos nove deportistas pola súa dedicación nunha disciplina tan complexa. Animounos a seguir traballando e compatibilizando o deporte e os estudos e desexoulles "o mellor" no campionato de España no que participarán proximamente.
A Xunta de Compras celebrada hoxe validou o gasto para acometer melloras e mantemento do CEIP A Ponte, por un importe de 8.688 euros. Ademais, autorizou un investimento de 25.000 euros para obras de mellora e mantemento da gardeiría Municipal Serra de Outes. As obras inclúen pintar a escola por dentro e arranxar o chan de corcho, entre outros.
Os deportistas lucenses que están a participar na Coruña nos VIII Xogos do Eixo Atlántico están a acadar importantes premios nesta competición na que participan preto de 3.000 mozas e mozos de Galicia e Portugal.
Lugo está representada por 68 deportistas e adestradores. A expedición lucense obtivo os seguintes resultados nas seguintes disciplinas deportivas:
- Baloncesto Masculino xogou os seguintes partidos:
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou o programa dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais de Verán en Lugo elaborado pola súa Concellería e que comezarán este sábado, día 11 de xullo, coa demostración dos traballos tradicionais da pedra, do barro da Ribeira Sacra, o fío e as fibras vexetais. Na presentación da cuarta edición desta programación Burgo estivo acompañada polo cordinador da actividade, Carlos Vázquez.
Os veciños e veciñas do Concello de Lugo contan dende hoxe cun novo centro de convivencia municipal, pioneiro, deseñado como un espazo socio-educativo dirixido á práctica dos idiomas. O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre inauguraron esta nova infraestrutura que, nos seus inicios, se limitará ao inglés.
O Concello de Lugo, a Deputación Provincial -a través do Inludes- e a Universidade de Santiago -a través da Aula TIC-PEMES- presentaron esta mañá os resultados do proxecto de Dinamización Tecnolóxica que permitiu introducirse nas novas tecnoloxías a 42 empresas/asociacións de Lugo e da provincia.
A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá o concurso de ideas para a realización do proxecto das obras de peonalización e adecuación do contorno da Rúa San Marcos incluído dentro do Plan Urban, segundo indicou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.
O Concello de Lugo recorda que se atopa dentro do prazo para contestar as preguntas formuladas pola oposición nos pasados días. Así, atendendo ao regulamento, a contestación por escrito ás preguntas deberá realizarse dentro dos 15 días seguintes á súa presentación no rexistro do Pleno, aínda que este prazo pode prorrogarse, a petición motivada do destinatario ou destinataria da pregunta e por acordo do Presidente ou Presidenta do Pleno, por outro prazo de ata vinte días máis.
O Concello de Lugo porá en marcha a partir das 12 da noite de hoxe o sistema de control semafórico foto-rojo co que pretende rexistrar as conductas irregulares dos conductores e aumentar así a seguridade viaria na zona da ronda da Muralla onde foi instalado.
O equipo de Goberno pretende que esta medida colabore na sensibilización das malas conductas ao volante e que pouco a pouco se vaian reducindo as infraccións e, consecuentemente, os perigos para a ciadanía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1581
- 1582
- 1583
- 1584
- 1585
- 1586
- 1587
- 1588
- 1589
- …
- seguinte ›
- última »