
A Casa do Concello de Lugo acolleu hoxe a xuntanza para a apertura de plicas presentadas para o proxecto, dirección de obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial englobado dentro do Plan Urban.

O Concello de Lugo abriu recentemente un novo centro de Convivencia, o Maruja Mallo, no que se encadra o centro de día Antonio Gandoy. Trátase dun equipamento adscrito a Área de Muller e Benestar social do Concello de Lugo que na actualidade ven prestando os servizos de atención a persoas maiores e que ten o obxectivo de apoiar ás familias que atenden ós maiores.

* Trátase da única Escola Obradoiro dedicada á dixitalización e restauración do patrimonio documental que existe en Galicia
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, trasladoulle esta mañá ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, “a confianza no seu bo facer” respecto ao campus de Lugo, ao tempo que lle pediu “o máximo esforzo para que a Facultade de Ciencias, que tan ben está traballando, siga facéndoo polo desenvolvemento científico e intelectual da provincia”.

O equipo de Goberno presentou esta mañá o informe sobre a viabilidade da creación dunha sociedade mixta para a xestión do turismo de Lugo aos representantes da Cámara de Comercio de Lugo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitaron esta tarde as instalacións municipais do Barrio do Castiñeiro.
O Concello de Lugo ven desenvolvendo nesta zona un bo número de actividades de lecer e formativas, tanto na rúa como nas infraestruturas municipais coas que se foi dotando ao barrio nos últimos anos.

* O Alcalde de Lugo participou xunto co Ministro e demais autoridades na inauguración da nova sede conxunta da Dirección Provincial da TGSS e INSS
O concerto do grupo Oh Trío dará continuidade mañá mércores 22 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra o Concello de Lugo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia. Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celebraranse varias actuacións musicais co obxectivo de recuperar zonas naturais como espazo escénico para a música.
A Xunta de Goberno do Concello de Lugo, aprobará mañá a contratación da prestación de actividades extraescolares e complementarias levadas a cabo pola Concellería de Educación nos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria. O equipo de Goberno promoverá unha serie de actividades extraescolares e complementarias, co fin de apoialos na súa programación do centro.

* O Alcalde de Lugo destaca que se cumpriron os obxectivos fixados no Plan Zapatero: facer obras, contratar dotacións e crear emprego
* López Orozco e Antón Louro visitaron tres actuacións na zona rural, así como as obras de construción da Escola Infantil de Montirón e a dotación de servizos en Ramón Ferreiro
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1577
- 1578
- 1579
- 1580
- 1581
- 1582
- 1583
- 1584
- 1585
- …
- seguinte ›
- última »