O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, realizará entre o 24 de agosto e o 11 de setembro un conxunto de actividades que terán lugar na Praza do Castiñeiro.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade e Alcaldesa en funcións, Carmen Basadre, asiste mañá sábado 22 de agosto, en representación do Concello de Lugo, aos actos de celebración da festividade d´Agonia de Viana do Castelo que nesta ocasión celebra o 750 aniversario da cidade.

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, deu conta esta mañá da memoria de actividades desenvolvidas desde o seu departamento no curso 2008-2009, actividades nas que o Concello de Lugo realizou un investimento de 438.252 euros e nas que participaron máis de 40.000 alumnos dos diferentes centros da cidade.
As actividades levadas a cabo pola Concellería dividíronse en extraescolares, formativas, divulgativas e conmemorativas.
Hoxe venres 21 de agosto, rematou o prazo para que a cidadanía presentase as achegas ao Borrador de Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo. Coa posibilidade de facer chegar as suxestións e recomendacións o equipo de Goberno pretendeu crear un debate social que permita ter unha ordenanza consensuada con toda a sociedade lucense.

A Concelleira de Igualdade e Benestar Social e Alcaldesa en Funcións, Carmen Basadre, visitou esta mañá as obras do Centro de Convivencia- Casa das Linguas do barrio da Piringalla que estarán rematadas a finais do mes de agosto. Tal e como explicou a Concelleira, o centro, no que estará a Casa das Linguas e o Centro de Convivencia da Piringalla, abrirá as súas portas ao público a principios do ano 2010.

O Concello de Lugo creará unha Comisión Interna para a coordinación de protocolos e actuacións relativas á incidencia da gripe A (NIH1) no persoal municipal, segundo indicou hoxe o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade. Esta creación foi aprobada esta mañá na Xunta de Goberno Local co obxectivo de levar a cabo as accións que as autoridades sanitarias indiquen ao Concello en relación coa Gripe A.
O prazo para presentar as achegas ao Borrador de Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo, co que o equipo de Goberno pretende contribuír ao progreso e mellora de convivencia na cidade, remata esta semana, o venres día 21 de agosto.
Este documento xa foi remitido aos grupos políticos e presentado ao Consello Económico e Social.

*José Piñeiro destacou que se trata dunha das obras máis importantes das construídas ao abeiro do FEIL
A Concelleira de Economía e Emprego e Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá as inmediacións do campo de fútbol Anxo Carro no que, a partir do luns, comezarán as obras de acondicionamento e urbanización da contorna do estadio, actuación realizada ao abeiro do FEIL.

A Delegada de Urbanismo, María Novo, deu conta esta mañá da convocatoria da 10ª fase das axudas á rehabilitación de vivendas no casco histórico de Lugo que comezou o pasado venres 14 de xullo e permanecerá aberta ata o próximo 14 de outubro. A xestión das axudas correrá ao cargo da empresa municipal EVISLUSA.
A revista Foeminas no seu número 42 recolle a segunda parte da historia das traballadoras galegas. En portada publícase ademais unha reflexión sobre o ano da diversidade afectivo-sexual na educación. Pode consultarse no enderezo http://www.foeminas.lugo.es/.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1572
- 1573
- 1574
- 1575
- 1576
- 1577
- 1578
- 1579
- 1580
- …
- seguinte ›
- última »