
O Concello de Lugo celebrou hoxe, con motivo do Día Internacional da Terceira Idade, a Festa dos Maiores. Nesta xornada festiva que se celebrou no parque da Milagrosa participaron máis de 1.500 persoas.

O xurado do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo elixiu esta mañá aos finalistas da modalidade tradicional que foron:
- A TABERNA DO ESPAÑA, pola tapa Carrilleira de porco estofada con viño de Amandi servida con puré de pataca.
- TIRABEQUE, pola tapa Empanadiña de orella guisada con cebola e tomate picante.

A Alcaldesa en función de Lugo e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, destacou esta mañá que as administracións deben ser unidades efectivas de garante da saúde pública dos cidadáns. Así o expuxo no acto de inauguración da presentación das V Xornadas de Control de Residuos en Alimentos no que estivo acompañada pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, así como pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, entre outros asistentes.

O Concello de Lugo continúa co seu compromiso coa inserción social e laboral de toda a cidadanía e, en especial, daqueles que atopan maiores dificultades para incorporarse ao mercado de traballo. Por iso, desde hai tempo o equipo de Goberno ven poñendo en marcha diferentes programas para favorecer a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos, e colaborando con asociacións e entidades sociais que traballan pola mellora das oportunidades para as persoas que máis o precisan.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e os directivos do Club Ciclista Cidade de Lugo, Eugenio Paz e José María Seijas, presentaron esta mañá o X Gran Premio Ciclista San Froilán que terá lugar a partir das 17:00 horas do vindeiro sábado, 3 de outubro, na Avenida de Ramón Ferreiro.
Segundo anunciaron os organizadores agárdase a participación duns 70 deportistas nesta proba que fará disfrutar do ciclismo de moi alto nivel deportivo ao público asistente.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe mércores 30 de setembro, as bases do Concello de Lugo para a solicitude de prazas na Escola Infantil de Fontiñas que estará aberto entre o 1 e o 15 de outubro, segundo anunciou hoxe o Voceiro do Equipo de Goberno.
Este novo centro educativo do Concello contará cun total de 61 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- Unidade de 3 meses a 1 ano: 8 prazas
- Unidade de 1 a 2 anos: 13 prazas
- Dúas unidades de 2 a 3 anos: 39 prazas.
O xurado do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo elixiu esta mañá aos finalistas da modalidade creativa que foron:
1. Restaurante Parrillada O Ventorro coa tapa torrada de porco celta con crocante de viño da Ribeira Sacra.
2. Restaurante Paprica coa tapa solombo de porco touciño real San Simón e cervexa negra.
3. Restaurante Campos con milfollas de bacallau e verduriñas con tomate confeitado e xerminados.
4. El Edén de Sara con alma do mar.
Mañá, mércores 30 de setembro, reunirase o xurado para elixir aos finalistas da modalidade creativa do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
Esta selección terá lugar no Gran Hotel de Lugo dende as 11:00 ata as 14:00 horas. O xurado degustará as tapas dos 15 establecementos seleccionados na modalidade creativa. Cada tapa será valorada cunha puntuación de 0 a 7 puntos tendo en conta a presentación, elaboración, sabor e relación calidade-prezo.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Vicerreitor de Coordinación do Campus da USC en Lugo, Carlos Herrero, a representante do Consello Galego de Cooperativas, Matilde Alonso, e a Directora da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, Esther Muñoz, presentaron dous concursos para o fomento dos valores do cooperativismo no Concello de Lugo.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Inspector da Policía Nacional, Manuel Merillas, presentaron o programa Policía-Maior que se levará a cabo nos centros de convivencia do Concello de Lugo para informar ás persoas maiores de 65 anos sobre a prevención dos timos.
Rábade agradeceu á Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil o labor que están a levar a cabo a través do programa de participación cidadá e de axuda aos maiores.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1562
- 1563
- 1564
- 1565
- 1566
- 1567
- 1568
- 1569
- 1570
- …
- seguinte ›
- última »