
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá acompañada polo vicepresidente da Deputación, Antón Bao, no Pazo de San Marcos na presentación da obra de teatro ‘Neuras’, da compañía profesional Ónfalo.
Sonia Méndez destacou o importante papel de transmisores da cultura que teñen os grupos teatrais e felicitounos polo seu labor de difusión do propio e a prol da identidade galega e a lingua.
* Suspendense tamén as actividades organizadas polas concellerías de Xuventude e de Servizos Sociais

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Jose Manuel Rozas, xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, e José Martínez, en representación da asociación deportiva Fefeme, presentaron hoxe o XX Duatlón Cidade de Lugo que terá lugar na cidade o vindeiro domingo, 28 de febreiro, e que se desenvolverá nos arredores do Pazo de Feiras e Congresos.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron esta mañá as axudas a locais de negocio para o ano 2010 ás empresas da zona Urban para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas aos comerciantes da cidade.
Neste acto participaron varios comerciantes beneficiarios das axudas do 2009 e da Asociación de Hostaleiros de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá no acto de inauguración das instalacións da Subestación de San Cibrao, acto no que estivo acompañado, entre outros, polo presidente de E.ON España e Begasa, Miguel Antoñanzas e o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.
O Goberno Local, por decisión da Concellería de Protección da Comunidade, decidiu cortar ao tráfico as seguintes rúas, por mor das chuvias rexistradas esta noite na cidade:
- Serra de Meira
- Fervedoira con Ronda Norte (pista que vai As Gándaras)
- Rúa do Carmen (á altura do bar Pajón)
- Ponte do Mera (Orzabai)
- Vilaestévez (zona de Madeiras Besteiro).
Os servizos de emerxencia do Concello de Lugo continúan a traballar para normalizar a situación en diferentes puntos da cidade provocadas polas incidencias do temporal de choiva e vento.
Desde as 22.00 horas de onte mércores 24 de febreiro os servizos municipais traballan para recuperar a normalidade nos puntos máis conflitivos.
Ata ás 10.00 horas de hoxe xoves recibíronse as seguintes incidencias:

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, manterá mañá unha reunión co persoal de Vivenda da Xunta de Galicia na que lles trasladará a oposición do Goberno Local ao realoxo de máis familias de etnia xitana na Rúa Aquilino Iglesia Alvariño.
O Goberno Local tomou esta decisión en función da información sobre o temporal e unha vez consultado e asesorados polos servizos de Protección da Comunidade e Medio Ambiente.
O Concello de Lugo pretende tomar todas as medidas que están na súa man para garantir a seguridade dos cidadáns e lamenta as molestias que esta decisión poida ocasionar.
* A gala inaugural de Lugo10 retransmitida en América e Europa a través da canle internacional da TVG
O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega á cidade un ano máis o ciclo Teatro Galego Xoves de humor. A mostra, que comeza mañá xoves 25, acollerá a montaxe de catro pezas galegas ata o 18 de marzo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1529
- 1530
- 1531
- 1532
- 1533
- 1534
- 1535
- 1536
- 1537
- …
- seguinte ›
- última »