Os servizos de emerxencia do Concello de Lugo continúan a traballar para normalizar a situación provocada polo temporal de choiva e vento

Xoves, 25 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os servizos de emerxencia do Concello de Lugo continúan a traballar para normalizar a situación en diferentes puntos da cidade provocadas polas incidencias do temporal de choiva e vento.

Desde as 22.00 horas de onte mércores 24 de febreiro os servizos municipais traballan para recuperar a normalidade nos puntos máis conflitivos.

Ata ás 10.00 horas de hoxe xoves recibíronse as seguintes incidencias:

- Inundación da calzada en Serra de Meira e Calzada das Gándaras. Avisouse aos veciños dos edificios nº 1,7,5,7,9 e 11 de Calzadas Gándaras para que desaloxasen os vehículos da segunda planta dos garaxes en previsión dunha posible inundación.

- Garaxe inundado na Avda Coruña 187

- Estrada de Santiago (antes do Complexo Santiago) paso subterráneo inundado.

- Filtracións de auga en cafetería Maitines na Glorieta Irmáns Pedrosa.

- Mar Cantábrico con Camiño Real: unha tapa de rexistro levantada provocou que dous vehículos caeran no oco.

- Rúa Montevideo esquina con Rúa Nova desprendeuse un cable de subministro eléctrico dunha obra con risco de descarga eléctrica.

- Sumidoiros atascados en Rúa do Valiño que provocou unha inundación na calzada.

- Desplome dun muro de peche dun solar na rúa do Carme (á altura do Bar Pajón) provocando danos en dous vehículos. Cortada circulación neste punto

- Carreteira de Orbazai, á altura da ponte do Mera,está cortada por desbordamento do río Mera.

- Inundación da pista que vai a Maderas Besteiro en Vilaestévez.

- Coche atrapado nunha bolsa de auga nunha pista próxima ao hospital de Calde

- Na Zarra ( A Campiña) inundación en vivendas unifamiliares por sumidoiros atascados. Acudiron os bombeiros.

- Vivenda unifamiliar inundada no Carqueixo, enfronte á gasolineira.Acudiron os bombeiros a achicar a auga.

- Árbore caída na estrada entre Casa María e o paseo do Rato. Acudiron os bombeiros a retiralo.

- No polígono da Louzaneta desbordada a ponte do Picho ( acudiron dúas veces os bombeiros : ás 22:00 e ás 10:00 horas).

- Dificultades para acceder ao hospital de Calde por bolsas de auga nas pistas de acceso.

- Grandes bolsas de auga na Fervedoira con Ronda Norte (pista que vai ás Gándaras). Nestes momentos está cortada a circulación neste punto.

Esta tarde os servizos municipais de emerxencias e as forzas e corpos de seguridade do Estado manterán unha xuntanza para planificar posibles medidas de cara á fin de semana tendo en conta as previsións meteorolóxicas.

Noticias relacionadas