
O Concello de Lugo aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación provisional á empresa A Billarda SL das actividades extraescolares e complementarias incluídas no programa Unha Escola Aberta organizado pola Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.
O orzamento deste programa é de 214.000 euros anuais e inclúe actividades extraescolares, apoio a comedores escolares, almorzos e merendas, así como apertura de instalacións deportivas en horario extraescolar.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ás alumnas gañadoras do certame estatal de cultura grecolatina Sara Ramos, Laura Carballeira e María Vázquez, que formaron o equipo 'Las esclavas de Davo', en representación do colexio San José.
As alumnas explicáronlle ao Alcalde como realizaron as probas do concurso a través de internet.
A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao súmase á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial promovida polo Concello de Lugo baixo a marca de Lugo10.

* O Concello de Lugo e a Fundación Azkar asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio
A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, mantivo hoxe unha reunión cos subdirectores xerais e os técnicos da Consellería de Urbanismo do Goberno galego.
Esta reunión serviu para ultimar algúns dos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta e nos que xa traballa o Goberno Local en relación co PXOM, así como a modificación puntual do Carme para a que o Goberno autonómico pedira un plan específico.

O Concello de Lugo presentou unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVIII Semana do Corpus que se desenvolverá ao longo de abril, maio e xuño.
* A esta contía súmanse os 1.500.000 euros investidos polo Concello de Lugo na parroquia nos últimos anos
* O titular do organismo provincial subliñou que “o Alcalde é capaz de ilusionarnos a todos para sacar adiante grandes obras das que xa non se falan porque se están facendo, pero tamén pequenas coma estas”
* Dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, as máquinas da Deputación iniciaron a limpeza de estradas municipais desta zona
A Concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez, participou hoxe nun almorzo coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE) onde destacou o reforzo e a rápida reacción do Goberno local ante a situación de crise con medidas de apoio á reactivación do mercado laboral.

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada polo presidente da Xunta de Confrarías de Lugo, Ramón Basanta, e o Vicepresidente Angel Díaz, presentaron o programa da Semana Santa lucense do 2010. Neste acto de presentación estivo tamén o autor do cartel anunciador, Eduardo Ochoa.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participaron este venres na celebración relixiosa que ofreceu o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, con motivo da restauración do Seminario de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1524
- 1525
- 1526
- 1527
- 1528
- 1529
- 1530
- 1531
- 1532
- …
- seguinte ›
- última »