
A Delegada de Urbanismo asistiu á inauguración da mostra dos dous consagrados artistas que presentan “Evulutión Kalimándrika”, un título co que aluden á combinación do real, o abstracto e o máxico que caracteriza a súa obra

A segunda semana de actividade do Festival de Música Cidade de Lugo 2011 remata coa primeira entrega do “Corpus dos Nenos”, a achega do festival pensando no futuro, nos nosos rapaces, en forma de concertos familiares pensados para que os pais e toda a familia os compartan cos seus rapaces. Este ano, o Corpus dos Nenos inclúe dous concertos en familia e un taller de danza.
A música para teclado (clave e piano), o barroco e a danza son os fíos musicais condutores da terceira semana de concertos da trixésimo novena edición do decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que extenderá as súas actividades ata o 2 de xuño con quince concertos.

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, xa ten en funcionamento a páxina web do programa Radares Xuvenís coa maioría das súas seccións activas.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza o IV Encontro das Culturas, que terá lugar o 26, 27 e 28 de maio na cidade, e que contará con diversas actividades como mesas redondas, proxeccións, charlas-coloquio e mesmo un concerto. Todas as actividades celebraranse no Centro de Convivencia María Balteira agás o concerto, que será no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

A Concellería de Cultura, que dirixe Nuria Mundiña, organiza a IX Mostra de Teatro, que terá lugar na cidade do 6 ao 11 de xuño.
Todas as representacións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas, agás a obra “Os dous lados da Felicidade”, dirixida ao público familiar, que será o 11 de xuño ás 18.30 horas.
O Concello lamenta o suceso e vólvelle reclamar á Xunta que asuma as súas responsabilidades co patrimonio de Lugo
Unha muller de 68 anos resultou ferida hoxe nunha perna ó afundir unhas táboas no adarve da Muralla, na zona da Porta do Carmen. O suceso tivo lugar contra as doce do mediodía, segundo informou a Policía Local, que acudiu ó lugar do suceso, xunto cunha dotación do Servizo de Bombeiros e unha ambulancia do 061.

Nas cinco últimas edicións, o piano converteuse nunha das apostas máis sólidas do Festival de Música Cidade de Lugo, e no 2011 non ía ser menos, e organizamos catro concertos que, sen dúbida, ofrecerán unha ampla visión das posibilidades dos instrumentos de teclado. Así poderán escoitarse concertos de piano, de clave, de fortepiano e de piano a catro mans.

A festa, que terá máis de 240 actividades, xirará en torno ao irmanamento romano-castrexo
O Alcalde destacou o gran retorno económico desta festa para a cidade, tanto no comercio, na hostalería ou no hospedaxe, e que o pasado ano estimouse en dez millóns de euros
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1390
- 1391
- 1392
- 1393
- 1394
- 1395
- 1396
- 1397
- 1398
- …
- seguinte ›
- última »