
O Alcalde agradeceu o traballo de organización da festa que fixeron a ex Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e o seu equipo

O Concello de Lugo establece catro zonas que funcionarán como aparcamentos disuasorios durante as festas do Arde Lucus.
Estas zonas de aparcamento están comunicadas co centro da cidade con transporte urbano.
As zonas de aparcamento estarán situadas no Centro Comercial das Termas (avenida da Infanta Elena), Rúa Madanela e Campos Novos, aparcamento superior do estadio Anxo Carro e aparcamento exterior do Centro Comercial Carrefour, este último habilitarase só o domingo.

O Concello de Lugo, dende a Concellería de Xuventude, informa que o espectáculo “Expugnatio Moenium Lucus Augusti post Contubernium Tabernarium” (Batalla final entre Celtas e Romanos), previsto para esta tarde ás 20.45 horas na Praza de San Marcos, cambia de ubicación, celebrándose á mesma hora no Carril das Estantigas.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, vén de ditar un Bando que establece as condicións para a circulación e hixiene dos animais que participarán nas festas do Arde Lucus.

O Tenente de Alcalde de Cultura, Deportes, Turismo e Educación, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a undécima edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre “Cidade de Lugo”, que se vai celebrar o día 10 de xullo.

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe abrir o procedemento para contratar a redacción do proxecto do edificio destinado a novas tecnoloxías que se levará a cabo dentro do Plan Urban e que suporá a ampliación da Casa Consistorial coa incorporación dos edificios números 2 e 4 da praza Angel Fernández Gómez.

A Casa da Música continuará aberta de luns a sábado con diversas actividades
As Aulas Abertas e Ociotecas continúan coa súa actividade e amplían horarios
Máis información e reservas a través do teléfono do Concello 010
O cuarto tenente alcalde das áreas de Cultura, Deportes, Turismo e Educación, José Manuel Díaz Grandío asistiu esta mañá, xunto coa intérprete Rosa Cedrón, o vicerreitor Pedro Garcia Herradón, e o responsable da obra social de Novacaixagalicia en Lugo, Sinesio Pérez, a rolda de prensa de presentación do concerto que Soas ofrecerá mañá na Praza de Santa María de Lugo.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, sensible ante as dificultades que presentan as persoas coas súas capacidades mermadas, pon en funcionamento, de xeito experimental, unha iniciativa destinada a afondar na búsqueda de solucións positivas, aplicable aos colectivos que traballan no campo da discapacidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1383
- 1384
- 1385
- 1386
- 1387
- 1388
- 1389
- 1390
- 1391
- …
- seguinte ›
- última »