Bao lémbralle á representante do PP que, igual que calquera cidadán, pode dispoñer dos datos recollidos pola Oficina Municipal de Turismo

O 72% dos turistas que visitan Lugo proceden doutros lugares do Estado español pero aumenta cada ano o número de turistas procedentes doutros países da UE.
Antón Bao reunirase, en breve, co actual responsable de turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, para deseñar accións conxuntas de cara á promoción turística de Lugo.
A área de Cultura e Turismo busca con esta actividade encher de vida as rúas de Lugo durante os meses do verán e ofrecer un atractivo máis tanto aos lugueses como aos turistas que se achegan á cidade nesta época.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, lembrou que o Concello de Lugo, a través dos fondos FEDER europeos que finanzan o 70% do Plan Urban está levando a cabo un programa de mellora da imaxe do comercio e da hostelería de Lugo.
Sonia Méndez reclamou unha maior implicación da Xunta en materia de novas tecnoloxías dirixidas ás zonas rurais.
Hoxe reuniuse o xurado de expertos para avaliar as 10 ofertas presentadas para a construción de edificios destinados a novas tecnoloxías na parte traseira do Concello.
Todos os proxectos son galegos, dos cales sete son equipos de Lugo.
Os próximos días abrirase o sobre coa oferta económica do proxecto.
Hoxe día 1 inícianse dous novos cursos, e mañá día 2 un curso máis do programa Actividades de Verán 2011 organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición xa rematou pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades.
Dispón de axudas técnicas como grúas, cadeiras para a bañeira ou camas articuladas que facilitan a vida diaria dos dependentes
O Concello de Lugo asina mañá un contrato co Instituto Galego de Vivenda e Solo para o mantemento e tramitación das oficinas municipais de rehabilitación denominado, Portelo único, segundo o anunciou o concelleiro de Urbanismo Luis Álvarez.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González, comparecedu hoxe diante dos medios de comunicación para explicar a situación de controversia que xurdiu por mor da avaría de auga que afecta á rúa Armónica e Fingoi.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1373
- 1374
- 1375
- 1376
- 1377
- 1378
- 1379
- 1380
- 1381
- …
- seguinte ›
- última »