O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Directivo do Club Fluvial, Eugenio Rodríguez, e o guía de alta montaña Gonzalo Dell Agnola, presentaron esta mañá a segunda edición do curso que ofrece a Escola de Montañismo e para o que está aberto o prazo ata o venres 2 de marzo.
Durante esta mañá, un grupo de alumnos do I.E.S. Leiras Pulpeiro, visitaron as instalacións do CEI-Nodus e do Espazo-Lab. A estes mozos e mozas, coñeceron como se traballa e que accións se desenvolven nos diferentes departamentos do centro. Esta visita está enmarcada nas xornadas que leva a cabo o CEI-Nodus dende hai varios anos e que están dirixidas ao fomento do emprendemento e a motivación empresarial. Desta maneira, dende o Concello dáse a coñecer os servizos que se ofrecen para os emprendedores.

O mes pasado celebrarase outra reunión da Comisión de Seguimento, que serviu para reactivar esta ferramenta de traballo.
Paz Abraira coordinou hoxe unha nova reunión da Comisión de Seguimento da Axenda 21 Local do Concello de Lugo. Forman parte de dita comisión o concelleiro de Medio Ambiente, a concelleira de benestar, a concelleira de economía, unha concelleira do Partido Popular e técnicos municipais.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o decano do Colexio Notarial de Galicia, José Manuel Amigo Vázquez, asinaron o convenio co que se facilitará o pago da plusvalía na mesma notaría na que se realiza a transmisión do ben e, ademais, poderase coñecer a situación actual sobre os pagos do IBI pendentes do ben transmitido. Este acordo forma parte dunha serie de convenios que o Concello vai asinar con diferentes entidades para ofrecer unhas maiores facilidades aos contribuíntes, e que xa asinou co BBVA.

Un ano máis o Martes de Entroido estivo protagonizado polo Gran Concurso de Disfraces de Adultos que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O tempo extraordinario, cunha temperatura agradable e lucindo o sol, animou a numerosos lucenses a achegarse ata a Praza Maior para contemplar aos concursantes que participaron neste vistoso concurso, no que non faltaron o humor, a crítica sociopolítica e a imaxinación.
O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, deron conta dos asuntos máis destacables que se aprobaron na Xunta de Goberno Local. Así, Álvarez, explicou que se aprobou a convocatoria polo sistema de libre designación, do posto de xefe do corpo da Policía Local do Concello de Lugo.

Arrinca un programa de actividades cargado de animación na rúa, concursos de disfraces e a feira de produtos típicos

Este sábado de Entroido celebrouse un ano máis o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos lucenses.

O xurado, integrado polos escritores Marica Campo, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba, destacaron a gran calidade dos 59 traballos presentados
A décimocuarta edición do certame de Narración Curta Ánxel Fole que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xa ten gañadores e segundo o ditame do xurado as premiadas son tres escritoras:
1º Premio: Luz Darriba Magadán polo relato “Monstros”

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou dous cursos dentro da programación de +XTI Formación, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten con interese e atractivo para a mocidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1335
- 1336
- 1337
- 1338
- 1339
- 1340
- 1341
- 1342
- 1343
- …
- seguinte ›
- última »