
López Orozco destacou os méritos e a experiencia de Novo que pertence á Policía Local dende hai máis de trinta anos e manifestou que comeza un tempo novo no que se deben superar os problemas do pasado
O Alcalde salientou o papel da Policía Local como garante da liberdade e a seguridade dos cidadáns e dixo que Lugo debe ter unha Policía Local cada vez máis profesional

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou esta mañá que se chegou a un acordo coa empresa Grupo Alsa para apoiar e participar no Arde Lucus.

A Concelleira de Xuventude tamén destacou que aínda non ten coñecemento do convenio co Xunta en materia de prevención de drogodependencias

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun grupo de 14 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intercambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que estarán pola nosa cidade ata o próximo martes día 15.

A lectura dun manifesto e o reparto de lápises entre escolares son os actos programados en Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Carlos Somoza, membro da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o IX Ralli Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 12 e domingo 13 de maio. Esta proba, que se celebra por noveno ano consecutivo, desenvolverá unha ruta turística o sábado ao longo da xornada por estradas de Lugo, Friol e Outeiro de Rei.

Antes da lectura do manifesto fíxose entrega dos premios aos finalistas do xogo Xogamos por Europa e que gañou un grupo de alumnos do IES Ánxel Fole

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, asistiu esta mañá ao recital de poemas de Valentín Paz Andrade, autor ao que se lle dedican este ano o Día das Letras Galegas, no Centro de Convivencia de Fingoi.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asistiron esta mañá a presentación do videoclip Lávate as mans realizado por alumnos do centro educativo Galén, que se desenvolveu nos Multicines Centro e no que tamén estiveron presentes o Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, a Directora Xeral do SERGAS, Purificación Seijas; o xerente de Abrigueiro Estudios, Arturo Vaquero
O Pleno do Concello reclama á Xunta o cumprimento dos prazos previstos para a execución das obras do Plan Paradai. A Corporación aprobou hoxe, coa abstención do Partido Popular, unha proposición do Goberno local pola que se acorda instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a cumprir cos compromisos adquiridos na última addenda do Convenio de Paradai. O acordo tamén inclúe a petición de que se incorporen os veciños á Comisión de seguimento do Convenio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1313
- 1314
- 1315
- 1316
- 1317
- 1318
- 1319
- 1320
- 1321
- …
- seguinte ›
- última »