O Alcalde de Lugo, José López Orozco, informou da notificación do Xulgado Número 1 de Lugo na que o citan a declarar a finais do mes de outubro como imputado por un delito indefinido a causa da denuncia presentada por un cabo da Policía Local que no seu momento foi expedientado. Esta denuncia está presentada contra o Alcalde e todos os membros da Xunta de Goberno que decidiron a apertura do expediente.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá das actividades que se van levar a cabo na súa área dentro do Plan de Emprego Local posto en marcha polo Concello de Lugo para o fomento do emprego e en substitución do Plan Piles e que comezarán a primeiros de setembro.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Deputado Provincial, Mario Outeiro, e un representante da organización, Miguel Hernández, presentaron hoxe a XXIV edición Triatlón do Miño que terá lugar o vindeiro domingo 26 de agosto na Área Recreativa de Os Robles, organizada pola agrupación deportiva FeFeMe, Federación Galega de Triatlón, Lodeco S.L. e Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, en colaboración coa Área de Deportes do Concello de Lugo.
A Xunta de Goberno aproba unha declaración de pésame polo pasamento de Avelino Pousa Antelo, moi vencellado á cidade de Lugo, onde deu clases e puxo en marcha a escola agraria da Granxa Barreiros de Sarria

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou está mañá da preocupación do Concello ante o aumento de familias con menores ao seu cargo que demandan axudas dos servizos sociais para poder manter unha calidade de vida decente. Así o recollen os estudos que se están levando a cabo dende a área de servizos sociais para coñecer as necesidades reais da poboación lucense para poder crear programas eficaces socialmente.
Dende hoxe luns, día 20 de agosto, está aberto o período de pagamento na vía voluntaria do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e tamén dos vaos. O prazo estará aberto ata o día 20 de outubro.
O número de recibos do imposto de vehículos é de 67.426 por un importe de 5.958.082,42 euros. O incremento respecto ó ano pasado é de 568 recibos, o que representa un 0,85%,
Vaos
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ao capitán Javier Miranda, novo responsable do subsector de tráfico da Garda Civil na provincia de Lugo. No encontro trataron a importancia da colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local en materia de tráfico.

O sábado haberá ademais unha demostración da fabricación das navallas de Taramundi e un obradoiro de elaboración de bonecos de la e o domingo daranse cita un tallador de pizarra, un gravador de vidro e unha demostración de bordado tradicional de tecido
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por Luis Lamas, presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, e os autores de ambas publicacións, Manuel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona, e Xesús Río, párroco do Courel e Quiroga presentaron o libro Os nosos devanceiros: Quiroga, Ribas do Sil e o O Courel e un novo número da revista Alborada.
Lino González Dopeso informou que dende o pasado luns xa comezou a traballar na zona de San Lázaro o equipo de desbroces do Plan de Emprego
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1292
- 1293
- 1294
- 1295
- 1296
- 1297
- 1298
- 1299
- 1300
- …
- seguinte ›
- última »