A Comisión de Contas tamén autoriza a declaración de interese público dunha empresa que se vai instalar no Ceao e poderá beneficiarse da bonificación no ICIO
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou hoxe de que o Concello de Lugo paga as súas facturas moi por debaixo do tempo máximo establecido pola lei antimorosidade.
O venres 28 de setembro remata o prazo para recoller os vales para libros dos solicitantes aos que se lles concedeu as bolsas escolares de axuda para material escolar para o curso 2012-2013 de Educación Infantil.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou esta mañá que se elevará a pleno, que se celebrará o próximo 1 de outubro, a aprobación definitiva dos estatutos e da memoria para a creación da empresa mixta da auga.

O Concello de Lugo recibiu hoxe o Premio Nacional de Comercio Interior concedido polo Goberno de España en recoñecemento das actuacións que desenvolve o Goberno local en apoio do pequeno comercio e a pequena empresa lucenses.

O Alcalde recollerá o próximo luns un galardón outorgado pola Secretaria General de Comercio Interior pola xestión do Plan Urban
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou esta mañá de novas relacionadas co Plan Urban, que está a desenvolver o Concello de Lugo e que conta cun financiamento do 80% de fondos da Unión Europea.

O tenente alcalde e responsable de Cultura, Antón Bao, afirma que será “un San Froilán variado no que calquera cidadán vai atopar música do seu gusto”
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que se van realizar este sábado con motivo do 6º aniversario da Casa da Música.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá a VI Concentración Nacional del Club Masmini que se celebra este fin de semana en Lugo. No acto tamén participaron Alonso Liste, piloto de rallyes, e Luis Laxe e Roberto Domingos en representación da Asociación Masmini.
Esta é a primeira vez que esta concentración se celebra en Lugo e durará ata o domingo 23 de setembro, anteriormente celebrouse en lugares como Valencia, Santander, ou Teruel.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun nutrido grupo de representantes da Igrexa Evanxélica, que este fin de semana celebran unha concentración xuvenil. Con motivo desta xuntanza, recollida baixo o nome de Implícate 2012, preto de 6.000 mozos e mozas de toda España pasaran este fin de semana en Lugo para dar a coñecer a súa visión da actualidade e a súa misión evanxélica.

Ampliáronse as beirarrúas que dan acceso aos colexios das Gándaras e Illa Verde, renovaranse as canalizacións e o firme das rúas Río Oribio e Xoán Rico Pérez e remodelarase o entorno da Fonte da Pinguela e a Porta Miñá
Luís Álvarez informou dos asuntos acordados na XGL destacando a construción dunha nova nave no parque empresarial das Gándaras
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1284
- 1285
- 1286
- 1287
- 1288
- 1289
- 1290
- 1291
- 1292
- …
- seguinte ›
- última »