Carlos Jean, Siniestro Total, Bigott, Che Sudaka, La Casa Azul, António Zambujo, Vendetta, El Dúo Dinámico e os mellores grupos galegos do momento actuarán en Lugo do 4 ao 12 de outubro. Todos os concertos serán de balde
O programa oficial foi presentado esta mañá polo tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, e por Luis García Santalla, director en Lugo de E-ON, principal patrocinador das festas deste ano
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co presidente da Federación Española de Tenis, José Luis Escañuela, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro, presentaron o Foro sobre o Plan Estratéxico do Tenis Español que se celebra mañá sábado no salón de plenos do Concello de Lugo dende as 16:15 horas.

A Concellería de Infraestruturas acometerá obras de renovación do pavimento na rúa dos Clérigos. O proxecto, aprobado hoxe en Xunta de Goberno, prevé a substitución do actual pavimento de adoquín por unha solución mixta de adoquín e granito naquelas zonas de máis tránsito rodado. Esta rúa do casco histórico presenta nestes momentos zonas moi deterioradas, co adoquín levantado, polo excesivo tránsito de vehículos.

O Alcalde asegura que o Concello non ampara ilegalidades e que tanto o Goberno como os funcionarios están “a absoluta disposición da Xustiza para dar canta explicación sexa necesaria”
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe, nunha declaración pública, que se defenderá nos tribunais de calquera intento de danar a súa imaxe e relacionalo coa trama que investiga o Xulgado de instrución número 1 na chamada operación Pokemon.

O Concello e a Deputación de Lugo apoian esta actividade que promoven ao sector primario da provincia e á propia Praza de Abastos
O Concello e a Deputación de Lugo, un ano máis apoian a celebración da XX Feira do Mel de Lugo, que se vai celebrar o próximo domingo 30 de setembro e que está organizada pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, anunciou esta mañá que o Concello vai a celebrar o Día Europeo das Linguas con actividades que se van a levar a cabo este sábado 29 de setembro e organizados a través do centro de información europeo Europa Direct.
A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, vén de dar a coñecer as listas definitivas dos 32 bolseiros seleccionados para participar nos catro obradoiros formativos do proxecto Muralla Dixital fixéronse públicas hoxe.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe o programa de actividades deportivas que haberá durante o San Froilán na cidade e que comezan esta fin de semana co XVI Open San Froilán de billar a tres bandas. O domingo, día 30 de setembro, terá lugar a XI Marcha cicloturista BTT que sairá da Piscina municipal Frigsa ás 10.00 e ten prevista a chegada para as 13.30.
O Concelleiro de Urbanismo advirte de que esa é a única comunicación oficial que recibirán os veciños e anuncia unha queixa formal ós Colexios profesionais porque algúns profesionais ofrecen os seus servizos para facer a inspección dos edificios facendo un uso indebido do logotipo do Concello
O mércores pola noite celebrarase unha gala solidaria no Auditorio Gustavo Freire e os cartos recadados irán destinados á organización do FestiClown Palestina 2013
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1283
- 1284
- 1285
- 1286
- 1287
- 1288
- 1289
- 1290
- 1291
- …
- seguinte ›
- última »