A piques de comezar o curso deportivo da cidade, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, fixo balance das obras de mellora que se están a realizar e as xa realizadas en practicamente todas as instalacións deportivas da cidade. As labores de mellora foron executadas na súa maioría nestes dous meses aproveitando a tempada de veran e para que estén listas ao comezo das diferentes competicións e cursos.
O Concello de Lugo investiu nestas obras un total de 1.510.200 euros, unha cantidade que demostra o apoio do Goberno Local ao deporte lucense, xa que “o obxectiv
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou oficialmente que se propondrá ao diplomático lucense Pablo Bravo para ser o pregoeiro das Festas de San Froilán deste ano. A candidatura foi aprobada por unanimidade na Comisión de Festas e o único que falta é a aceptación de Bravo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello ao presidente do club de montaña Mustallar, Juan Mosquera.
O equipo ven de realizar unha subida ao Monte Elbruz de 5.642 metros de altitud e situado na cordilleira do Cáucaso e que é o pico máis alto de Europa e a quinta cima máis alta do mundo.
O presidente do club entregou ao Alcalde unha réplica da maqueta da Muralla de Lugo que deixaron alí, unha tradición que se realiza habitualmente nesta montaña.
Pola súa banda o Alcalde entreg
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello aos membros do equipo Club de Ciclismo Cidade de Lugo que se proclamaron campións galegos en contrareloxo individual, Jesús González e na categoría élite de fondo, Jose Antonio Cerezo.
O Alcalde felicitou aos integrantes do equipo lucense e afirmou que é un orgullo para a cidade contar con xente que traballa tanto para chegar tan alto no mundo do ciclismo.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Director Xeral do CB Breogán, Alfonso “Chete” Pazo, e o Vicepresidente do CB Breogán, José Manuel Ramiro Fernández, presentaron hoxe na Casa do Concello ao novo xogador do clube lucense Jose Luis “Lucho” Fernández.
O Concelleiro deulle a benvida a Lugo en nome de todos os luceneses e desexou que esta fichaxe sexa todo un éxito deportivo para o club e, en definitiva, para a cidade.
O baloncestista galego formará parte da plantilla na tempada 2008-2009. Lucho Fernández naceu en Ferrol no ano 1975 e mide 202 cm.
A praia portuguesa de Canide Norte en Freguesía de Canidelo, Gaia, acolle esta fin de semana o I Torneo de Volei Praia do Eixo Atlántico. Nestes tres días de campionato, 25, 26 e 27 de xullo, os rapaces e rapazas participantes demostrarán o seu saber hacer no campo de area.
En representación do Concello de Lugo acuden un total de 12 xogadores, todos pertencentes ao club EMEVÉ.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou unha novidosa actividade que terá lugar a vindeira semana en Lugo. Os días 22 e 23 de xullo parará na cidade o Wii Fit Tour 2008 baixo o lema Ponte en marcha con Wii Fit.
Como indicou o Concelleiro de Deportes, trátase dunha acción de promoción do exercicio físico neste caso empregando un novo formato de videoxogo adaptado a determinados deportes: ioga, tonificación muscular, aeróbic...
É unha acción de promoción da actividade deportiva, que tivo unha gran acollida por todos os públicos
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva, e o representante da asociación Deportiva Fefeme, José Ángel Fernández, a XX Triatlón do Miño. Esta mítica proba disputarase o sábado 19 xullo en Lugo.
Esta proba é un clásico no calendario deportivo lucense e estructurarase da seguinte maneira:
-Triatlón de promoción categorías menores (alevín, infantil e cadetes) sairá ás 16:00 horas da zona dos Robles.
A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa organización do VIII Trofeo Excelentísimo Concello de Lugo de Tiro ao Prato na modalidade de Foso Olímpico que terá lugar esta fin de semana no Club de Campo e Tiro de Lugo-Bonxe en Outeiro de Rei.
O domingo 6 de xullo a partir das 10:00 horas os deportistas loitarán polo trofeo nos dous fososo olímpicos do clube. A competición desenvolverase en catro series de 25 pratos cada unha cun total de 100 pratos por tirador.
A organización agarda a presencia de tiradores de toda a Comunidade Galega, As
A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa II Ruta Ecuestre Labio-Vilachá que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xuño, organizada pola Asociación de Cabaleiros da Feira de Aday. Os participantes percorrerán unha distancia de 10 quilómetros transcorrendo os montes e sendeiros da zona. A ruta finalizará cunha comida campestre no recinto no que haberá un servizo de pulpería e bar ao longo de todo o día. Pola tarde comezarán as probas de andadura: - Andadura dous tempos (Serrada) - Andadura catro tempos (Chapeada) - Andadura trotóns.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- …
- seguinte ›
- última »