
A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza durante os meses de xullo e agosto un curso gratuíto de iniciación á hípica enmarcado na programación do +xTi, financiada polo Plan Nacional sobre Drogas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompaña dos edís de Dinamización Económica e Cohesión Social, Mauricio Repetto e Ana Abelleira, participou este mércores na cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Girona, que se celebrou no Hotel Camiral de Caldes de Malavella (Girona) e que estivo presidi

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, participou este luns na apertura oficial do campus de verán XuvenCiencia 2023, organizado polo Campus Terra da USC.
O executivo de Lara Méndez organiza durante este mes de xullo obradoiros infantís gratuítos de viñetas e microrelatos dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, co obxectivo de achegar ás familias lucenses unha proposta lúdica e de apoio á conciliación.

A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza no mes de xullo un curso gratuíto de iniciación ao piragüismo no entorno da área recreativa de Os Robles.

A área de Benestar e Maiores que dirixe Olga López Racamonde achega unha nova proposta de lecer e socialización para este verán: converter as prazas e parques da cidade nun lugar para a práctica deportiva co fin de promover un ocio saudable e un modelo de vida activa ao aire libre.

O barrio da Milagrosa acollerá este venres, 30 de xuño, unha masterclass de baile dentro da campaña de dinamización posta en marcha polo executivo de Lara Méndez.

A concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza este venres, 30 de xuño, de 18:00 a 20:30 horas, a III quedada sen móbiles que incluirá unha ruta polo Camiño Primitivo, co guía local Guido, un pícnic saudable, unha actuación sorpresa e agasallos para os asistentes.

“Cumpríronse as expectativas. Tal e como estaba previsto este Arde Lvcvs – o primeiro co recoñecemento de Interese Turístico Internacional – foi non só un éxito de participación senón tamén de convivencia”.

O Goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude, pon en marcha unha nova actividade formativa dentro do Programa +XTI 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- …
- seguinte ›
- última »