A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, mantén aberto o prazo de participación no I Concurso de Carteis Entroido 2007, aberto a todas as persoas que o desexen.
Segundo as bases establecidas para esta convocatoria, cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre. O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
Lugo estrea concurso de carteis coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.
As Concellerías de Xuventude e Deporte arrincan esta tarde unha nova edición do programa de ocio alternativo Elixe a túa Noite, que se prolongará até o 23 de xuño.
O programa elaborado para esta edición segue a mesma liña das convocatorias anteriores con actividades nas tardes e noites dos sábados e domingos.
O xurado do concurso de graffitis da pista de skate acordou esta mañá conceder os seguintes premios:
1º premio a Manuel Pallín Castro, que recibirá 200 euros en premios e pintará un muro.
2º premio a Marcos Pereira Lozano, que recibirá un lote de sprais valorado en 100 euros
3º premio a Tirso Juan Paz Sans, que recibirá un lote de sprais valorado en 50 euros.
O xurado acordou tamén conceder dous accesits a Diego Anido Seijas e Samuel López López, que recibirán un lote de 10 sprais cada un.
O xurado estivo formado polos Concelleiros de Deportes e Xuventude, José Manue
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, pecha mañá, venres, o prazo de presentación de traballos para esta quinta edición do Certame Lucus Augusti. Este premio creouse coa intención de dar unha oportunidade aos xoves creadores para amosar o seu arte e servir de trampolín profesional.
Como nas edicións anteriores, o certame establece catro modalidades de participación: poesía, fotografía, pintura e relatos curtos. Para as catro modalidades artísticas a temática é libre e o requisito común en todas é que as obras deben ser inéditas e de creación propia.
A Semana da Mobilidade continúa co seu programa celebrando ó seu día grande: o Día Europeo sen coches. Por iso, o Concello de Lugo pon en marcha A Cidade sen o meu coche. Como xa se fixera en anos anteriores o Concello restrinxirá o tráfico ás rúas do recinto amurallado. Será dende as 10 da mañá ata as 18:00 horas.
Ó longo do día, ademais, o transporte público urbano terá unha tarifa especial de 20 céntimos para incentivar o seu uso.
A Concellería de Xuventude, fai tamén a súa proposta para este día especial poñendo en marcha a iniciativa Museos a pé.
O lexendario mago René Lavand actuará o xoves en Lugo organizado pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, dentro do programa Xoves con Arte. Aos seus 72 anos de idade este ilusionista despedirase da súa profesión en Lugo. O espectáculo terá lugar o xoves, día 12, ás 21:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria.
As entradas están á venda dende onte e até esta tarde excusivamente para os menores de 30 anos. Os días 11 e 12 poderán ser adquiridas polo público en xeral.
A Concelleira Xuventude, Carmen basadre, fixo balance dos primeiros seis meses do ano no servizo de información e asesoramento sexual, de estudos, laboral e xurídico que pon a disposición de todos os lucenses a súa Concellería e que atenderon a un total de 166 persoas.
A asesoría que máis demandas rexistrou foi a de estudos e laboral cun total de 92 consultas, das que 60 foron por temas laborais e 32 sobre estudos.
A segunda edición do Muralla Rock & Motos despediuse a madrugada do pasado domingo, día 16 de setembro, tras as actuacións de 19 grupos e unha concentración moteira internacional. O festival caracterizouse polo extraordinario ambiente e transcurriu sen ningunha incidencia.
Os máis de cinco mil rockeiros que asistiron ao festival proviñan de distintos puntos de España -como Alicante, Zaragoza, Tarragona, Bilbao, Madrid- e de toda Galicia. O festival tamén acadou unha repercusión internacional notable ao concentrar público alemán, portugués e italiano.
O programa de Xoves con Arte organizado pola Concellería de Xuventude continúa o vindeiro día 12 de abril cun espectáculo de maxia destinado á mocidade lucense e ao público en xeral.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou esta mañá xunto ao Mago Rafa a actuación do lexendario mago René Lavand, que aos seus 72 anos de idade despedirase da súa profesión en Lugo.
O sábado, día 15 de setembro, despídese o II Festival Muralla Rock & Motos con máis concertos e unha concentración moteira internacional que realizará un percorrido polas rúas da cidade.
O cartel da última xornada do Muralla conta con actuacións de primeiro nivel cos míticos grupos de Saratoga, Stravaganzza, Talesien, Beethoven R e Ñú.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- 507
- seguinte ›
- última »