O xornalista José Oneto ofrecerá este xoves, 29 de novembro, unha conferencia baixo o título de “Xornalismo e sociedade” encadrada na programación cutural organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.
Terá lugar no Círculo das Artes a partir das 20:30 horas e está aberta a todo o público de balde.
Esta charla pecha o ciclo de Conferencias Século XXI, que xa acolleu o pasado 25 de outubro a de Alfredo Amestoy sobre “A televisión: a quebracabezas”.
José Oneto é un xornalista español nacido en San Fernando (Cádiz) en 1942.
O Alcalde de Lugo José López Orozco foi o encargado de inaugurar o I Encontro de poetas que ó longo dos días 29 e 30 ten lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.
María Dolores Pradera ofrecerá un concerto conmemorativo desta emblemática data ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire
O Ministro de Cultura, César Antonio Molina, xunto ao Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurará este venres, día 30 de novembro, o I Encontro Galego de Poetas nun acto que terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación Provincial.
O I Encontro de Poetas Galegos que organizan o Concello de Lugo e RNE é un feito pioneiro en Galicia e en España e arrinca en Lugo este xoves, 29 de novembro, ás 12:00 horas, coa inauguración por parte de José López Orozco no Salón de Actos da Deputación Provincial.
Nesta xornada de apertura celebraranse as dúas primeiras sesións que durarán arredor de dúas horas e contarán coas interpretacións musicais dos cantautores Fran Pérez, Xabier Díaz e Luis Emilio Batallán.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, e o director xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, presentaron unha nova edición de Xuvenlugo . Como en pasadas edicións, Xuvenlugo volverá a encher de atraccións e xogos o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Do 6 ao 9, do 14 ao 16, e do 21 de decembro de 2007 ao 6 de xaneiro de 2008, Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor do recinto feiral lucense, establecéndose varias áreas.
PISTA DE XEO: volve a Xuvenlugo coma en edicións anteriores sendo de novo unha das atraccións estrela.
O Alcalde de Lugo, José López Orozoco, asinou un convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e sete institutos de ensinanza secundaria para a realización do proxecto Radares Xuvenís 2008.
O programa é unha proposta da Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basdre, para acadar unha participación efectiva da poboación xuvenil nos diferentes sectores da sociedade actual.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, Elías Torres Feijó, o Delegado provincial da Consellería de Cultura, Xoan Xosé Molina, a Directora do Centro Territorial de RNE-Galicia, Celia Díaz Reija e o Director do programa La Estación Azul, Ignacio Elguero, presentaron o I Encontro de poetas galegos que terá lugar en Lugo os vindeiros días 29 e 30 de novembro.
O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX despídese este martes, 27 de novembro, coa representación de "Luces de bohemia". A compañía Teatro del Temple achega a Lugo unha espectacular montaxe desta obra mestra de Valle-Inclán.
Esta compañía é unha das agrupacións máis prestixiosas do panorama teatral nacional e conta co recoñocemento do Premio Max das Artes Escénicas de 2003 ao espectáculo revelación polo espectáculo "Picasso adora la Maar" e foi finalista nesta mesma categoría no ano 2001 pola obra "Buñuel, Lorca e Dalí".
A nova edición do programa de movida alternativa do Concello de Lugo Elixe xa está en marcha. Ademais dos numerosos cursos, obradoiros e actividades que están funcionando con excelentes resultados nos últimos anos, nesta nova edición destacan varias novidades.
Entre as incorporacións, os usuarios poderán anotarse nos talleres da Casa da Música; musicoterapia, os xoves de 20:00 a 22:00 horas; música interactiva, os venres de 20:00 a 21:00 horas e Bailes do mundo os sábados de 20:00 a 21:00 horas.
O Concelleiro de Protección á Comunidade, José Rábade, presidiu o acto de presentación do libro “Los colores de la memoria” do escritor Luis Rodríguez Cao. A violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Luccica Trita, acompañounos co seu violín e tocou varias pezas musicais de carácter melancólico dacordo coa temática da obra.
O edil destacou a extraordinaria calidade literaria desta obra “pola emoción que é capaz de desencadear, levando ao lector polos máis fondos sentimentos da tristura, a soidade, a melancolía e o desexo que desata o desamor”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 475
- 476
- 477
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- …
- seguinte ›
- última »