Mañá, mércores 4 de xuño, remata a XXXVI edición do Festival de Música Cidade de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. A cita musical lucense volveu a constituir un gran éxito artístico e unha vez máis recibiu o entusiasta respaldo do público da cidade.
O Coro da Universidade de Santiago e a Capela Compostelana porán o punto final á tradicional Semana do Corpus a partir das 20:30 horas na Igrexa de San Pedro.
A xornalista Ángeles Caso ofreceu esta tarde, no Círculo das Artes, unha conferencia sobre a vida dun grupo de mulleres que escaparon ás normas e trataron de desenvolver a súa intelixencia e o seu talento, pero ás que a historia postergou ao silencio dentro do ciclo Xornalismo do Século XXI encadrado na programación cutural organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.
Caso naceu en Xixón nunha familia, preocupada pola cultura, o que lle inculcou en certa forma a súa vocación.
O prazo para inscribirse nos concursos preparados pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, para a edición de Arde Lucus 2008 remata o vindeiro venres 6 de xuño.
Como en anos anteriores haberá concursos con premios para decoración de fachadas dentro de muralla -dende o 16 de xuño-, personaxes romanos e celtas e campamentos -para grupos ou individuais, infantil e adultos-. O desfile será o día 20 de xuño na Praza Maior a partir das 20:00 horas.
Os premios irán dende os 300 euros ata os 1.000, e diferentes agasallos como un mp4 ou unha cámara dixital.
Mañá martes, 3 de xuño, terá lugar no auditorio do Conservatorio Profesional de Música a partir das 20:30 horas un novo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
A Casa da Música que depende da Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, continúa coa súa programación de concertos para as fines de semana.
Dez representantes de prensa brasileira achegáronse estes días a coñecer a cidade, nunha viaxe de familiarización organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. O obxectivo desta visita é dar a coñecer ao mercado turístico brasileiro os recursos cos que conta o municipio e o Camiño Primitivo de Santiago, unha aposta turística que chama moito a atención en América do sur.
Nesta viaxe os xornalistas coñeceron a cidade de Lugo, a súa Muralla, os museos cos que conta a capital e o novo Centro de Interpretación da Muralla.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou as bases para a selección do cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2008.
O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto dende o día 9 de xuño ata ás 14:30 horas do 9 de xullo.
O programa do concerto do xoves 29 de maio no Círculo das Artes estará centrado na música de salón e a ópera belcantistas, cunha especial dedicación ás arias e dúos das óperas de Rossini. Do célebre compositor italiano Gioacchino Rossini poderán escoitarse arias e dúos de óperas tan coñecidas como La Cenerentola, O barbeiro de Sevilla e Tancredi. O programa o completan cancións e duettos do propio Rossini e doutros compositores como Tosti ou Meyerbeer e rematará, case coma unha sorpresa, co dúo final da ópera Carmen de Bizet.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 30 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo.
Con motivo da celebración do espectáculo Fama, A Bailar!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- …
- seguinte ›
- última »