
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, fixeron balance da última edición do Arde Lucus que se celebrou dende o venres ata a noite do domingo na cidade e que reuniu a máis de 460.000 persoas. López Orozco salientou a consolidación da festa que ano tras ano aumenta a afluencia de público. Lucenses e visitantes desfrutaron desta festa que ten xa un gran recoñecemento como se demostrou coa cobertura do evento que realizaron os medios de ámbito nacional.

Chega a última xornada do Arde Lucus MMIX, pero a actividade non decae e contará cun intenso programa no que destacan as Olimpíadas nas que se enfrontarán os campións das lexións romanas e das tribos celtas de Lucus Augusti.

O Arde Lucus MMIX continúa coas máis de 250 actividades programadas pola Concellaría de Xuventude que dirixe Rosana Rielo. Hoxe a cidade, que volve ás súas orixes romanas, vive un dos seus días grandes de festa. Ao longo do día serán moitas as actuacións e espectáculos que axudarán a recrear o ambiente de Lucus Augusti.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior da USC, Jesús Casabiell, a directora de Palimoco Teatro, Paloma Lugilde; e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao presentaron a V edición do ciclo formativo Teateatre, organizado conxuntamente polo Concello de Lugo, a USC, a Escola de Arte e Lecer e Palimoco Teatro.

O Arde Lucus MMIX dará comezo oficialmente mañá venres coa inauguración do Macellum -mercado- e do campamento dos forxadores ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.
Lugo acolle o domingo 28 de xuño a última fase do Campionato Galego de Automodelismo que xa disputou a súa primeira etapa a pasada fin de semana, e que foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo e o Vicepresidente do RC-Lugo Jemy Arias.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa entidade Laboratorios Asociados Nupel S.L. para o desenvolvemento dos espectáculos do Arde Lucus. A sinatura é un reflexo, en palabras do Alcalde, “ de cómo se está involucrando a sociedade no Arde Lucus”.
O Alcalde de Lugo agradeceu a “extraordinaria” colaboración da empresa Nupel para levar a cabo a festa romana, ao tempo que valorou o esforzo que están realizando por involucrarse na vida da cidade.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, esgotou esta mañá as entradas para asistir como público nas gradas que poñerá o Concello no Circo Romano dentro do programa de Arde Lucus MMIX. Cada persoa pudo recoller un máximo de catro entradas das 3.000 que se puxeron á disposición da cidadanía e que se repartiron nas oficinas da Concellería de Xuventude situadas no Centro Social Uxío Novoneyra.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou no Círculo de Bellas Artes de Madrid a guía de Lugo ciudades con encanto de País Aguilar.
O obxectivo da publicación desta guía é dar a coñecer a oferta turística de Lugo, mellorando a accesibilidade do turista aos servizos de información da cidade e levando a cabo a través desta publicación unha campaña de promoción e comercialización do destino turístico que é Lugo.
Coa chegada do verán a cidade de Lugo revivirá o seu pasado romano. Un ano máis o Concello de Lugo ten todo preparado para celebrar entre o 26 e 28 de xuño a festa do Arde Lucus.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo presentaron hoxe o programa de actividades que arrincará ás 17:00 horas da tarde do venres 26 de xuño coa apertura do Macellum -Mercado- e do campamento dos forxadores na praza da Constitución.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 439
- 440
- 441
- 442
- 443
- 444
- 445
- 446
- 447
- …
- seguinte ›
- última »