
O domingo 25 de abril ás 20.30 horas chegará á cidade, englobado dentro da programación de Lugo10, o espectáculo do monologuista e actor Dani Mateo que está a triunfar en salas, teatros e auditorios de toda España.
Continúan á venda as entradas a un prezo de 18 euros na zona A, 16 na B e 14 na C, a través da taquilla telefónica 902 504 500 e na web www.caixanova.es .

O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, fará xestións coa Federación Española de Municipios e Provincias para que a Rede de Cidades Catedralicias poida constituírse como Club de produtos turísticos. Esta iniciativa permitiría facer un plan turístico das 19 cidades que actualmente forman parte da Rede.

A próxima semana, o sábado 17 de abril, comeza a trixésimo oitava edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.

O Concello de Lugo colabora con Rababiero Promocións na celebración dun espectáculo de humor en galego, englobado no programa de Lugo10, que terá lugar o vindeiro 15 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Baixo o título Noites de retranca, chegarán a cidade parte dos mellores actores galegos da actualidade como Sergio Pazos, Luís Zahera, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo ou Manuel Manquiña entre outros.

Ao redor de 20 persoas da Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago de Compostela desde Oviedo levando unhas camisetas coa marca Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla romana como Patrimonio Mundial.
A asociación comezou a súa andaina o pasado 26 de marzo en Oviedo onde promocionaron o monumento lucense máis emblemático percorrendo as rúas da cidade coas camisetas de Lugo10.

A programación para celebrar o décimo aniversario da Muralla, Lugo10, continúa e mañá venres 9 de abril achegará á cidade ao mítico grupo do pop español Los Secretos coa súa xira Cara B.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe unha remodelación do Goberno local que supón o nomeamento do Concelleiro José Manuel Díaz Grandío como delegado da Área de Cultura, Deportes, Turismo e Educación. Ademais de encargarse desta área, Grandío será Concelleiro Delegado de Deportes e Turismo e incorporarase á Xunta de Goberno Local como sétimo Tenente de Alcalde.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, e a Deputación de Lugo organizan unha excursión incluída dentro do programa Km0 Xtreme.
Esta viaxe, que terá lugar o 15 de abril, está concibida para mozos e mozas lucenses de entre 14 e 30 anos.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron unha guía de actividades ocio saudables organizadas polas súas Concellerías e programadas desde o Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias.

A Obra Social “la Caixa” e o Concello de Lugo presentan unha exposición sobre as orixes do home que foi inaugurada esta mañá polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Secretario Xeral da Fundación, Lluis Reverter, e o Delegado Xeral da Caixa en Galicia, Marc Benhamou.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 425
- 426
- 427
- 428
- 429
- 430
- 431
- 432
- 433
- …
- seguinte ›
- última »