A próxima semana o Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus presenta un intenso programa de actividades que inclúe tres concertos e o primeiro concerto familiar do Corpus dos Nenos.
A semana comeza o luns 3 de maio na sede de Fundación Caixa Galicia coa actuación do arpista Manuel Vilas e o gambista Santi Mirón, que dedican o seu concerto integramente ás recercadas do compositor renacentista toledano Diego Ortíz.
O festival de música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus continúa coa presentación en Lugo da mezzosoprano sueca Ann Hallenberg, do director norteamericano (italiano de adopción) Alan Curtis e da súa orquestra Il Complesso Barocco. O venres 30 de abril interpretarán unha coidada, fermosísima e esixente selección de arias de ópera de Haendel.

A Concellería de Cultura e Turismo convoca un ano máis o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2009.
O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto dende o día 28 de abril ata ás 14:30 horas do venres 28 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior nº1, 27002.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, fixo entrega hoxe dos diplomas aos participantes no curso de Primeiros Auxilios organizado pola súa Concellería.
Nesta actividade formativa, impartida por Cruz Vermella o 20 e 21 de marzo, participaron un total de 30 persoas.
Este curso forma parte do conxunto de actividades lúdicas e formativas organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, e que son baremables para os procesos selectivos.
O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus contará esta semana con dúas citas de alto nivel.
No que ao lied e á canción se refire, o festival continúa adiante co proxecto iniciado hai dous anos sobre os ciclos de cancións do compositor inglés Benjamin Britten, que conta coa enriquecedora e xenerosa colaboración dun reputado especialista, o prestixioso pianista inglés Roger Vignoles.

O Concello de Lugo en colaboración coa asociación Ágora Cultural organiza a lectura pública de textos de Rosalía de Castro na Praza Maior para conmemorar o vindeiro venres, día 23 de abril, o Día Mundial do Libro.
Nas catro últimas edicións do Festival de Música Cidade de Lugo o piano converteuse, coa presencia de recoñecidos e celebrados artistas como Nicolai Lugansky, Paul Lewis, Joanna McGregor ou Artur Pizarro, nunha das apostas máis sólidas dun festival que este ano presenta na súa XXXVIII edición ao pianista italiano Andrea Lucchesini.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a directora xeral de Ciudadanía Española en el Exterior do Goberno central, a luguesa Pilar Pin, clausuraron o curso de formación de axudante de cociña impartido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo a 14 mozos descendentes de galegos procedentes de Arxentina e Uruguai.

O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus organizado polo Concello de Lugo continúa esta semana con dous concertos de alta calidade.

Mañá, sábado 17 de abril, comeza a trixésimo oitava edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 424
- 425
- 426
- 427
- 428
- 429
- 430
- 431
- 432
- …
- seguinte ›
- última »