No seu tramo final, o Festival de Música Cidade de Lugo programou unha semana con catro concertos de gran variedade de contidos e o terceiro e último concerto familiar do Corpus dos Nenos.
Debuta en Galicia a agrupación EVO que o sábado 22 de maio ofrece dous concertos no Círculo das Artes, o primeiro (18:00) un concerto familiar do Corpus dos Nenos, e o segundo ás 21:00.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou algunhas das novidades previstas para a nova edición do Arde Lucus que terá lugar entre o 25 e o 27 de xuño.
Rielo explicou que a primeira das novidades é o incremento dos premios dos concursos de escaparates, de locais e de personaxes romanos e castrexos (individual e de grupo). O prazo para inscribirse será ata o 12 de xuño.
Mañá, venres 21 de maio, na Fundación Caixa Galicia, continúa o Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus cunha unha singular combinación de instrumentos: un dúo de contrabaixo e clave.

O Concello de Lugo lembrou hoxe ó protagonista do Día das Letras Galegas, o poeta Uxío Novoneyra, cunha conferencia que pronunciou o escritor e académico Darío Xoán Cabana.
No 2010 cúmprese o bicentenario do nacemento de Frédéric Chopin e o festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana da Corpus lembra a este romántico compositor polaco.

A camiseta conmemorativa do 10º aniversario da declaración da Muralla do Lugo como Patrimonio Mundial chegou ó Monte do Gozo.
Os internos e funcionarios do Centro Penitenciario de Bonxe que peregrinaron a Santiago fotografáronse coa camiseta de Lugo 10 no Monte do Gozo, o acabar a súa peregrinación a Santiago o martes día 11 de maio.
A próxima semana o Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus, que organiza a Concellería de Cultura, presenta un intenso programa de actividades que inclúe tres concertos e o segundo concerto familiar do Corpus dos Nenos.
O Concello de Lugo súmase o vindeiro martes, 18 de maio, á celebración do Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas na que se poderán visitar, de forma gratuíta os catro museos municipais.
“La bella y la bestia, analise da trasmisión cultural dos modelos amorosos”. É o tema da actividade que se desenvolverá ás sete desta tarde no Centro de convivencia Uxío Novoneyra.
O obxectivo desta actividade, incluída no programa Preto de Ti, é visualizar os estereotipos de xénero e os micromachismos que se dan nesta película e crear un debate entre a mocidade asistente.
Mañá empezan máis actividades
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- 427
- 428
- 429
- 430
- …
- seguinte ›
- última »