
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presidiu esta tarde a presentación do último número de Xistral, a revista lucense de creación poética, nun acto que se celebrou no salón de sesións do Concello.
O número 13 desta publicación poética que publica a Concellería de Cultura contén poemas de 52 poetas, entre eles Helena Villar Janeiro, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza, e conta con ilustracións de Guerreiro.
As entradas para o concerto de Joaquín Sabina, que actuará o 11 de outubro nas Festas do San Froilán, poñeranse a venda mañá , día 15, segundo lle comunicou ó Concello a produtora do espectáculo. No mesmo comunicado indica que o prezo será de 25 euros para as primeiras mil entradas, o resto das que se adquiran en venda anticipada terán un custe de 30 euros en na taquilla venderanse a 35 euros.
Os puntos de venda serán os seguintes:
A través de ticketmaster

Porque nos gusta Lugo, porque hai que celebrar estes dez anos do nomeamento da Muralla como Patrimonio Mundial. Porque estamos orgull@s da nosa terra, da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa gastronomía e a nosa forma de ser. Porque somos unha cidade 10. Queremos encontrar entre todos o mellor slogan para Lugo 10. Un slogan que se difundirá rapidamente entre todas e todos e que representará todo un emblema para Lugo. Valoraremos a creatividade e a orixinalidade.

A mostra, formada por 19 traxes orixinais, permanecerá en Lugo dende o 16 de setembro ata o 31 de outubro.
A exposición será inaugurada o xoves, a partir das 20:30 horas, e a entrada será de balde

Lugo 10 poñerá en marcha unha campaña co lema “Os de Lugo somos así”, segundo anunciaron hoxe a primeira Tenente de Alcalde, Sonia Méndez, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña.
A campaña comezará este mes de setembro e rematará o 30 de novembro, co peche do programa conmemorativo do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial.

A Concellería de Xuventude, Rosana Rielo, e o presidente da asociación ASUPIVA presentaron hoxe no Concello a proba do Campionato de España de videoxogos deportivos que se vai celebrar esta fin de semana na cidade.
A proba desenvolverase os días 10, 11 e 12 no Pavillón do instituto politécnico, segundo informou a Concelleira quen tamén destacou que a competición ten unha parte social e educativa.

A Concellería de Cultura, Nuria Mundiña, confirmou hoxe a actuación de Joaquín Sabina nas festas de San Froilán.
O concerto de Joaquín Sabina terá lugar o día 11 de outubro no Pazo Universitario. Nuria Mundiña explicou que se poñerán á venda 6.000 entradas a través de Caixanova. As mil primeiras entradas venderanse a 25 euros e o resto a un prezo único de 30 euros.

DIVERSONS alcanza con esta a súa sexta edición levando o 28 de agosto a Lugo as actuacións do grupo LUSOFONÍAS e RUMBA VELLA.
O ciclo de música de jazz na rúa que organiza Lugo10 remata mañá cun concerto que terá lugar, ás oito e media da tarde, na praza Maior.
Será o terceiro dos tres concertos que ofrece a “big band” Murajazz este verán nas rúas de Lugo.
Con esta programación, a banda integrada por 21 músicos que realizan os seus ensaios en Rábade, contribuíron a animar as noites do verán lucense.

A Concellería de Xuventude organiza este verán tres cursos gratuítos baixo o lema “Pasa o verán con nós¡¡”, segundo anunciou hoxe a concelleira Rosana Rielo.
Rielo explicou que “se trata de ofrecer actividades para os mozos neste tempo de ocio” e indicou que estas actividades destínanse a mozos de 14 a 30 anos.
Os días 28 de xullo, 11, 18 e 25 de agosto celebrarase un curso de graffitti con horario de 17.30 a 19.30.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 417
- 418
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- …
- seguinte ›
- última »