Este sábado día 26 de febreiro, a partir das 21.30 horas, varios dos grupos lucenses que ensaian na Casa da Música sacarán a súa música á rúa nun concerto no que se fusionarán diversas tendencias musicais, aínda que coa base común do rock.
Mythical Fail, Flash Band Atup-Lekar e Ripper Ground farán soar os seus acordes na Praza da Soidade, a carón do Museo Provincial, con estilos que van dende o rock alternativo ata o methal.
O pregón correrá a cargo dos Estoupacaldeiros, folk de taberna. Será o venres 4 de marzo ás 20.00 horas na Casa Consistorial
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron esta mañá a programación do Entroido 2011.
As Concelleiras salientaron a ampla variedade de actividades para todos os públicos, e animaron a toda a cidadanía a participar e disfrutar destas festas de entroido.
A Biblioteca Municipal acolle este xoves, 24 de febreiro, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura que se desenvolverá ao longo deste primeiro trimestre do ano. A partir das 19.00 horas, o contacontos Iago López comezará contando a historia de Martiño, un neno que vai ao monte cos seus pais e nesa viaxe correrá aventuras e coñecerá animais da fraga os que vai axudar. Esta actividade está recomendada para nenos maiores de tres anos.
Lugo Cultural está integrado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Vicepresidencia Primeira Cultura da Deputación Provincial de Lugo e Novacaixagalicia, xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade.
Onte, presentouse a cuarta edición do ciclo Lubicán, que Pretende achegar ao público lucense a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións.

As entradas poden mercarse a través da web www.servinova.com ou no teléfono 902.504.500. Os prezos son de 11 euros para infantiles e 17 euros para adultos
Despois de visitar algúns dos teatros máis importantes do país e de repetir éxito en Madrid por segunda tempada consecutiva, MundiArtistas e “El Mago de Oz: el Musical” estarán en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire, o vindeiro domingo 27 de febreiro nunha única función ás 18.00 horas.
A inscripción é gratuita e pode facerse ata o día 25 de febreiro no teléfono 657 974 937 ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrumgmail.com
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Concellería de Deportes, a Asociación Xuvenil Lugo Xadrez e o grupo El Progreso, organizan o IX Torneo de Xadrez do Entroido, englobado dentro do circuito Camiño do Scacorum.

O Ciclo do programa de Lugo Cultural, Músicas a carón da Mosqueira, achega hoxe a Lugo a actuación do “Dúo Aguirre y León”. A cita será as 20.30 horas na Casa do Saber, situada ao carón do Vicerreitorado, na Praza Pío XII.
Músicas a carón da Mosqueira é parte dos ciclos do programa musical de Lugo Cultural, formado pola USC, o Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, e a Fundación Caixa Galicia.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Vicepresidenta Segunda Lara Méndez, o Embaixador de Finlandia en España, Markku Keinanen, o Director do Instituto Iberoamericano de Finlandia, Martti Parssinen, e o artista finlandés considerado o máximo expoñente contemporáneo de vidro en Europa, Makku Salo, inauguraron este xoves a exposición que o artista presenta por primeira vez no norte de España: “Vientos de Norte”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde ó Embaixador de Finlandia en España, Markku Keinänen, un acto ó que tamén asistiron representantes dos grupos políticos do Concello.
O Alcalde deulle a benvida á nosa cidade e desexou que esta visita “sexa só un principio” ademais de facer votos pola “construción dunha Europa da paz e o desenvolvemento”. Tamén convidou ó Embaixador a coñecer o contorno dos ríos Miño e Rato.

“La pajarita roja”, cartel seleccionado, foi a proposta de Aurora Cascudo Román, de A Coruña
O pregón, a cargo do grupo Estoupa Caldeiros será o venres 4 de marzo ás 20.00 horas e marcará o inicio do Entroido do 2011
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- …
- seguinte ›
- última »