
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, membros do equipo de Goberno, e outros membros da Corporación Municipal, participaron esta tarde na lectura pública de “El Quijote” que tivo lugar na Praza Maior de Lugo como acto conmemorativo do Día Mundial do Libro.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, a Directora do Conservatorio de Danza de Lugo, Isabel Méndez, e o membro da ANPA do Conservatorio, Luis Figueiras, presentaron esta mañá o programa de actividades que recolle a celebración da Primeira Semana da Danza.

No programa “Xoves con arte” poderán participar 20 grupos noveis e outros 20 que xa teñan disco no mercado. O prazo de inscrición será ata o 29 de abril
A Biblioteca Municipal pon en marcha un novo programa de actividades de Animación á Lectura, que se desenvolverá ao longo de todo o ano. A nova programación está deseñada especialmente para os máis cativos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo ou de creación literaria, tratando así de fomentar o gusto polos libros e estimular a imaxinación dos máis pequenos.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asistiu esta mañá á presentación do programación do Curso de Primavera xunto o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e en representación de Novacaixagalicia, Sinesio Pérez.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde a visita do músico cubano Norman Milanés, que estivo acompañado pola Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e varios membros da Banda Sinfónica Cidade de Lugo que vai ofrecer un concerto xunto coa Colar Polifónica Xeral-Calde este domingo.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, o Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, F. Javier Garbayo Montabes, o Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o Director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, e Sinesio Pérez, en representación de Novacaixagalicia, presentaron esta mañá a novena edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea de Lugo.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, a Xefa Territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro, e o Coordinador da Xunta de Cofradías, Ramón Basanta, deron a coñecer esta mañá o Cartel da Semana Santa 2011, obra do fotógrafo Eduardo Ochoa, e o Programa de actividades.

As entradas teñen un custo de 5 euros e poden adquirise na sede de Mans Unidas e o día do concerto, e unha hora antes do comezo, no Círculo das Artes
O concerto contará coa colaboración do trompetista xaponés John Aigi Hurn e o director cubano Norman Milanés Moreno

A Concellería de Educación, a Concellería de Deportes, a Deputación Provincial de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, Yute Confecciones e o xornal El Progreso organizan a visita do GM Iván Salgado a varios dos programas de promoción do xadrez que se levan a cabo en Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- …
- seguinte ›
- última »