
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, vén de participar nunha xuntanza de traballo do Foro Termal do Eixo Atlántico, en constitución co obxecto de impulsar a promoción termal da Eurorrexión, dado o potencial turístico que este recurso natural posúe.

A XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo, organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, arrinca este xoves, 1 de febreiro, con La Comedia de las Mentiras.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres a programación que organiza o Concello para este Entroido, un entroido escénico, animado e moi popular.
A Xunta de Goberno aprobou este mércores adxudicar o contrato de prestación do servizo de atención ao público, e a coordinación e desenvolvemento de actividades nas casas da Xuventude e da Música á empresa A Billarda por un importe anual de 71.300 euros e unha duración de dous anos, con opción de

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este martes, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, as bases que rexerán o concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lucus MMXVIII.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, vén de presentar este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova programación posta en marcha pola entidade local para promover a mocidade activa.

A XVIII Mostra de Teatro Clásico arrincará o xoves, 1 de febreiro con La Comedia de Las Mentiras.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo, no marco da 38ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), unha xuntanza de traballo con Alfredo Serrano, director nacional de Cruise Lines International Association (CLIA España), co obxecto de negociar que os pasaxeiros dalgúns dos cruceiros co
Espectacular acollida da segunda conferencia do programa Achegando a ciencia ao Vello Cárcere, que tivo lugar onte á tarde neste centro cultural, coa finalidade de achegar as principais teorías científicas á cidadanía dun xeito sinxelo e amable.

Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e de cara a entrar na rede de cidades creativas da UNESCO, na categoría de gastronomía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- 247
- 248
- …
- seguinte ›
- última »