
A historia de Lvcvs Avgvsti únese a charlas, obradoiros e andainas, organizadas polo Concello, nun dinámico fin de semana, no que xa se deixa notar a promixidade do Arde Lvcvs, que terá lugar do 15 ao 17 de xuño.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Elena López, presentaron este mércores, no Salón de Plenos, a 7ª edición da Feira Medieval de Fontiñas, unha cita obrigada xa na primavera luguesa, que se celebrará esta fin de
O turismo en Lugo sofre un acelerón no primeiro trimestre do ano, concretamente incrementándose nun 20% o relativo ao estranxeiro e nun 12,5% o nacional.

O ilustrador Manel Cráneo abriu este venres, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), o primeiro encontro de banda deseñada histórica que se celebra en Galicia. Fíxoo coa conferencia Proceso técnico creativo da banda deseñada histórica, ante a atenta mirada de numeroso público.

O xurado profesional do XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu este venres outorgar o premio a Xosé Cid, residente en Vigo, pola obra Tres pintores.

O ciclo Achegando a ciencia ao Vello Cárcere, posto en marcha polo Concello e o colectivo Caladiños, mantén o tirón e enche este centro cultural por cuarta conferencia consutiva.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, inauguraron este xoves a primeira gran mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo, vestimenta que recolleu o colectivo Traxandaina por toda a provincia, que acollerá a Capela de Santa María ata o 1 de

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o Director da Escola Municipal de Música de Lugo, Carlos Méndez, presentaron este xoves na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías as bases para o procedemento de matrícula da Escola para o vindeiro curso 2018-2
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este mércores na presentación do libro Doce cartas a María Victoria Moreno xunto á propia autora da publicación, Ánxela Gracián.
O Concello segue a apostar polo fomento dos hábitos de lectura con dúas novas actividades no mes de abril. Trátase dunhas xornadas de contacontos dirixidas a nenos e nenas de 0 a 6 seis anos que terán lugar na Biblioteca Municipal o 19 e 23 de abril.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- …
- seguinte ›
- última »